O 'Procomún', os bens comunais, moitas veces considéranse de propiedade tan difuninada que é equivalente a que non tiveran propietarios, cando os propietarios somos todos, a humanidade. Hai tempo que, para min, tiña o concepto de propiedade difusa ou lixeira, fronte á propiedade concentrada que representa a típica propiedade capitalista, con escritura e/ou título de propiedade a cargo dun individuo ou entidade concreta. Hai tempo que o procomún ven sendo atacado para pasar a ser privatizado, como é reflectido tras ser estudado por diversos autores (ver aquí e apartados seguintes). Ás veces maniféstase sinxelamente por ignorancia cara ó que é de todos parella á ignorancia da propia historia.
Algo así remata de suceder onte, cunha nova no xornal sobre a 'primeira' versión en galego de 'A arte da guerrra'. Calquera pode ir á Galifontes, a versión en galego de Wikisource, e comprobar que A arte da guerra leva alí traducido dende o 2006. Obra libre e tradución libre e aberta á que agora enfrontan unha segundo parece, exquisita tradución en papel que inclúe a versión chinesa. Versión que tamén hai dispoñible de xeito libre en wikisource, aínda que curiosamente, tres anos posterior á galega.
Remata o artigo da Voz de Galicia en papel: "o xeneral chinés consideraba que a mellor vitoria é a que se consegue sen combater e tamén advertía que a arte da guerra está baseada fundamentalmente no engano".
Coido que sobran palabras, a parte da felicitación á Editorial Teófilo polo que, de claquera xeito, parece ser un novo arrimar o ombro á cultura en galego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario