20130424

Ribadeo xa ten Conde

Si, oficialmente, Alfonso Martínez de Irujo xa e Conde de Ribadeo. A lembrar as verbas do alcalde: "Quiero felicitarlo por tal insigne distinción porque ser conde de Ribadeo no es cualquier cosa. Se queda en el ámbito retórico, porque aquí decimos desde hace mucho tiempo que los de Ribadeo no rendimos vasallaje a nadie, no le rendimos pleitesía a nadie", xunto co seu desexo de que sexa promotor de Ribadeo.
Non está mal saber algo do Condado de Ribadeo e do seu conde actual, aínda que só sexa por iso que saiu en máis dun xornal: 'os de Ribadeo pouco saben do que pretende ser conde'.
A lembrar asemade que o privilexio real outorgado sobre determinados traxes usados polo rei deu lugar a unha exposición en Ribadeo e a un libro: 'Los trajes del Rey'. 'De duques e plebeios' foi a entrada que lle adiquei ó anuncio da exposición.
... E disto entérome (a cousa xa foi publicada no BOE o 6 de abril, (aínda que non sei se o novo adxudicatario pagou xa os dereitos correspondentes ou non) despois do 'día da Terra' (antonte) e do 'día do libro (onte). Así pois, hoxe, 'día do conde'? 'día do condado'? 'día da memoria histórica de Ribadeo'?

1 comentario:

Anónimo dixo...

Alfonso Martínez de Irujo acaba de conseguir o título de Conde de Ribadeo, que ten unha nobleza un século máis antiga que a de Duque de Alba de Tormes que ostenta súa nai DªCayetana Fitz James Stuart y Silva.
O primeiro Conde de Ribadeo, Pierre de Villaines, data do 20 de Decembro de 1369, concedido por Enrique II de Trastámara. O primeiro Duque de Alba data de 1472 (103 anos máis tarde), concedido por Enrique IV "O Impotente" que foi destituído pola súa irmanastra
Isabel I "A Católica" polo Tratado dos Toros de Guisando....
Por elo, o Conde de Ribadeo e unha herdanza moi antiga e noble do Reino de Galiza, non de esa España inventada que nos endiñaron, que como dí Rosalía: "Probe Galicia, non debes chamarte nunca española, que España de ti se olvida cando eres, ¡ai! tan fermosa". Así que, de vasallaxe, nada de nada....