Un ano máis, xa estamos na primavera, e con ela, xa ten chegado a época da feira da ciencia de Ribadeo.
Dende 1995, ano tras ano vénse celebrando en Ribadeo unha exposición de ciencia feita por e para escolares, aínda que houbo anos que foi unha exposición de ensino e case sempre as visitas superaron as meramente escolares. Solíase facer no IES Porta da Auga, pero este ano os dous IES fusionáronse, polo que faise no IES de Ribadeo, o único que hai, no edificio do antigo Instituto Laboral, que comezou chamándose 'Carlos Mª Rodríguez de Valcárcel', e finalizou como 'Dionisio Gamallo'.
Coas cousas do traslado, haberá que experimentar este ano non só nos proxectos, senón na propia feira. Polo momento, reducindo a súa extensión e polo tanto, os traballos expostos, así como as visitas.
Os días, mañá mércores e pasado xoves:
En FQ Ribadeo
Ningún comentario:
Publicar un comentario