Facebook! E, o mesmo que 'Ribadeo' se convirte en 'preto de Castropol, Asturias', temos Arteijo, Rianjo, ...
Diante do día das letras galegas, chama a atención da Xunta como culpable de que siga a aparecer a ortografía errónea. Os que andivemos no allo sabemos o que costou que aparecera ría de Ribadeo ou Ove no Google maps, e sabemos tamén que estes cousas tenden a cristalizar e ser cada vez máis difíciles de cambiar. De aí a pensar que a culpa a ten Feijoo, como parece que fai a Mesa pola Normalización lingüística, hai un treito. Bastante posible que non se ocuparan do tema, e que haxa que poñelos a andar, pero a todos nos iría mellor se usaramos alternativas libres e con base máis achegada físicamente a nós que eses programas con sés centrais inalcanzables e dependentes dunha empresa á que lle imos cedendo dato tras dato de xeito acelerado.
Mentras, lembra un a polémica do selo do outro día, nomeada como agresión a Asturias, mentras miles de veces ó día aparece en Ribadeo o de 'preto de Castropol, Asturias'...
6 comentarios:
¿Coa situación que temos hoxe en día, porque perdemos o tempo nestas chorradas? Ría do EO. Temos que potenciar a relación Asturias-Galicia para o benificio de ambas localidades. E temos que ocuparnos de buscar ideas para sair adiante e non debemos perder o tema en estos problemas lingüísticos que a verdade e que non xeneran riqueza e non dan de comer, soamente provocan o enfrentamento dos veciños.
Ese tipo de argumentos: "os nomes son chorradas, o que importa é o traballo e ter que comer", conducen á situación en que se atopa agora españa. Moitos votaron polo pp porque pensaron que a situación económica iba a mellorar. Todos sabían que o pp iba a traer moitas cousas malas, pero pasaron a un segundo lugar en importancia. Sólo importan os cartos, todo o demáis é prescindible. Pero resulta que a situación económica non millorou nin vai millorar, e agora non temos nin unha cousa nin outra. Mentras o paro aumenta, siguen os recortes dos dereitos, o ataque contra as liberdades publicas, o ataque contra o ensino público, contra a sanidade, contra os dereitos fundamentais de manifestación e reunión. Agora a xente dase conta do erro, pero xa é tarde. E polo visto, ainda moitos siguen erre que erre, dicindo que o idioma no importa que o que importa é o traballo e ter que comer.
Agora vai ser que o que nos da de comer é o idioma. Quizáis por xente como esa estamos como estamos. Preocupándonos por cousas que non relevantes para xerar riqueza no país. ¿Cal das duas siguientes cousas creará máis riquieza?
a) Crear unha empresa con 30 postos de traballo en Ribadeo
b) Discutir durante meses polo nome dunha ría ou dun pobo
Creo que a elección é ben doada.
Coido que non hai que discutir: o nome xa o ten.
Ben falado Antonio, o nome xa o ten. Igual que tampouco lhe podemos cambiar o nome aos ríos, montes, etc...por que cambiarlho ás rías?.
Que interés oculto e perverso hai detrás deste "movemento"?.
O "movemento" son as decenas de millóns de euros en programas como LIDER and company mangoneados polos poderes fácticos asturianos, e dados en cucharadiñas os memos dos galegos que se sentan en reunións como si foran "autoridades con coñecemento" do que están a facer. Que lle pregunten pola Reserva de Biosfera a Dª María Serafina Álvarez, titular do Principado, verás como se refrega as mans, por haberlle feito desaparecer do caso a toponimia íntegra de Ribadeo.
Publicar un comentario