20130518

No entorno da festa

17 de maio, día das letras galegas. 16 de maio, aparecen na rotonda no instituto as pintadas que se ven nas fotos (xa non están)

17 de maio, en Vilalba: "Ola. Entrei porque coido que había un acto aquí, non? -Si, acaba de terminar.
- Era unha actuación da banda?
- No, actuaba un grupo y leían poesía." Mellor, non continúo a cita.
As respostas corresponden á única persoa que había no auditorio despois do acto de celebración do día das letras galegas.
Onte recibín un comentario sobre o nome da ría de Ribadeo. Está na entrada anterior. Non contestei pero non deixou de chamarme a atención: comeza exhortando a non perder o tempo coa 'chorrada' do nome para pasar a chamarlle un nome concreto. E di que non xera riqueza nin da de comer. Facendo un pouco o bruto, algo que alguén poderá considerar un exabrupto: xera riqueza (económica, a que se refire) ou da de comer o coidar ós anciáns? Agora que tanto se fala da 'marca España', pódese considerar un cambio de nome? Non quero extenderme, pero os nomes, as denominacións, de sempre, foron algo máis que unha verba sen importancia.

3 comentarios:

Yo escribo dixo...

Eu creo que todos entendemos, ademáis é ben doado de entender, que discutir e pensar sobre ideas de crear empresas/negocios, será bastante mellor para todos os cidadáns de Ribadeo / Barreiros / Vegadeo / Castropol ...ect, que pasar meses e meses discutindo sobre nomes e denominacións e máis nomes ect.

Pero tamén quizáis, a todos non nos preocupan os mesmos temas. Mentras a algún, nos preocupa de que a Mariña Lucense se creen empresas para que a xente poida vivir aquí e non teña que marchar (véase a plataforma creada en Mondoñedo para buscar entre todos ideas para crear empresas no pobo). A outros soamente lles preocupa o nome dunha ría. Porque si pensan que a Mariña Lucense soamente vai vivir do turismo...estamos mui equivocados.

agremon dixo...

Non hai que ir a Mondoñedo para procurar plataformas 'emprendedoras' novedosas. En Ribadeo tamén hai iniciativas. E non se contradín coa defensa do de todos; de algo que, se dixamos que nolo privaticen dun ou outro xeito, estamos perdidos, porque entón si que quedaremos sen nada, mesmo sen iso que é noso e que nos mantén cando cremos que non temos nada. en cantgo a crear empresas, o mundo está en cambio, a Terra está limitada e a xente estase a dar conta de que o consumo non é vida mantible. Non cambio de tema: é o mesmo que ti propuxeches.

Anónimo dixo...

O que perde o seu nome, perde a identidade de seu, e convértese nun Don Naide. Para xuntarse coa actual mangallada que te traiciona as primeiras de cambio, mellor seguir pelexando pola vida solos. Ribadeo ten unha población semi-autóctona con máis asturianos que todo o Concello de Castropol xunto, e cando viñeron establecerse, pasaron a Ría de Ribadeo ¿e qué atoparon de malo? nada.