20130521

Pleno en Ribadeo e xestión da nova

Antonte, algún medio daba como nova que onte habería pleno. Resulta que o pleno é hoxe, pero o concelo só publicou ontre na web (non sei a hora) a nova de que era hoxe, co que máis dun despistado (eu entre eles) non o chegou a saber antes do pleno. Antes deste mandato, os plenos facíanse os primeiros ou segundos luns de cada bimestre , por norma, pero agora, sen que saiba que cambiaara a norma, a realización efectiva variou: son raros os que se celebran un luns, ordinarios ou extraordinarios. Varias mocións e informes integran un pleno onde se prevé que asista xente afectada polas preferentes, porque unha das mocións trata diso. Coido que o punto no que pode haber algo de discusión, máis aló da retórica típica de cnado hai expectación, é o de aprobación da Ordenanza reguladora do uso do aproveitamento especial de vías públicas e espazos de titularidade municipal, da que intentei o que estaba exposto (como foi anunciado) e non puiden, porque non estaba exposto nos carteis nin o vin na web. Habería que pedilo dentro? Pode ser ... A comunicación institución - administrados coido que falla como tal, para canto máis a comunicación que debera ser institución - partícipes, que todos o somos da institución municipal. Haberá que seguir insistindo no tema.
Deixo un boceto dende o Mondigo nun claro dun día de choiva, con Noceda ós pés e a costa entre Reinante e Burela, con Foz case no medio da imaxe.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Tampouco entendo a que se refire cando fai referencia a unha moción sobre os ERE, porque na información sobre o pleno non aparece tal cousa.

agremon dixo...

O dos ERE foi un lapsus meu. A cousa ía polas preferentes.