Data de Emisión | 4/05/2013 |
---|---|
Estampación | Offset |
Papel | Estucado, engomado, fosforescente |
Dentado | 12 3/4 horizontal, 13 1/4 vertical |
Tamaño do selo | 74,64 x 28,8 mm (Horizontal) |
Tamaño da folla bloque | 105,6 x 79,2 mm (Horizontal) |
Valor facial | 2 € |
Tirada | 260.000 folla bloque |
O selo dedicado á Ponte dos Santos sobre a Ría de Ribadeo, que une
os concellos de Castropol (Asturias) e Ribadeo (Lugo), é unha das que
responden á innovadora enxeñería civil.
Ficha e historia en http://www.correos.es/ss/Satellite/site/coleccion-1363182926562-galeria_sellos_filatelia/detalle_emision-sidioma=es_ES |
Sobre a extensa ría de Ribadeo e para comunicar a comunidade galega e a
asturiana construíuse, entre 1983 e 1987, a Ponte dos Santos. A nova
ponte salvou a fenda que separaba a ría de Ribadeo, e facilitou as
comunicacións entre ambas as ribeiras.
A Ponte dos Santos ten unha lonxitude de 600 metros e inicialmente
construíuse cunha anchura de 12 metros para soportar unha estrada
normal. Entre 2007 e 2008 procedeuse ao desdobramento da ponte,
ampliándoa ata 24,60 metros de anchura, para permitir o paso da autovía
do Cantábrico (A-8). Na actualidade conta con catro carrís e dúas
beirarrúas. A ponte é de tipo alintelado, e está fabricada con vigas de
formigón armado, aceiro e madeira. Soporta un peso superior ás 1.200
toneladas.
A ponte recibe o nome dos santos das dúas capelas que se encontran a
cada lado da ría: San Román nas Figueiras, en Castropol, e San Miguel,
en Ribadeo.
Antes da construción da ponte, as comunicacións establecíanse cruzando a
ría en embarcacións ou dando un rodeo pola vella estrada que cruzaba
entre Vegadeo e Porto.
A emisión consta dunha folla bloque que reproduce unha vista aérea da
ría e da localidade de Ribadeo. No selo trepado insírese a moderna Ponte
dos Santos.
4 comentarios:
http://elprogreso.galiciae.com/nova/249221-nombre-acabar
O alcalde de Castropol, o rector da Universidade de Mieres-Oviedo, A Sr. Angeles Rivero Velasco directora de La Nueva España, o Sr. Carballal direcor da COPE Ribadeo por máis de 20 anos... todos eles se supón que estuadiados, e son capaces de pasar por derriba da Historia, dos decretos oficiales, da toponímia ancestral do Reino de Galicia e de todo canto lles pete ¡¡¡vivan os demócratas!!! que so buscan intereses espurios para manter un posto de interino-eventual... ¡¡menuda tropa!!! decía Romanones..!!!
+, días despois ... http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/05/11/sello-puente-santos-sobre-ria-ribadeo-ofende-asturias/0003_201305G11P12993.htm
http://elprogreso.galiciae.com/nova/250239-director-ies-vegadeo-exige-retirada-sello-puente-santos
Publicar un comentario