A actividade referida para o último período foi de xeito exclusivo o proxecto piloto das fincas de frotos silvestres, en Arnao - Castropol e no Fielato - Ribadeo. Na primeira, de propiedade pública (municipal) preparada para Arándanos e a segunda, 1 ha alugada á Cooperativa Os Irmandiños, para grosella e algo de mora e frambuesa.
A finca de Castropol en Arnao; a balsa está excluída, na parte dereita. |
Nas contas, detallouse que debido á diferenza de superficie, o 10% que ten que poñer a asociación está repartido no 83,34% de Castropol e o resto de Ribadeo. A verdade, crin en principio que a porcentaxe se debía a territorio municipal, pero decateime e logo comprobei en internet, que se trataba de terreo das fincas respectivas. Así, dese 10% de orzamento para 2013, 25 928,76 €, corresponderían 21 616 a Castropol. Nas contas habería que entrar en máis detalle dos diversos apartados, como a participación dos concellos no pago dos xuros ó recibir as subvencións despois de gastados os cartos, pero quedará así polo momento.
O proxecto piloto ten anualidades de 15N a 15N, mentras que as contas presentáronse por anualidades, o que fai que a imputación de custes varie algo de xeito interanual. Por certo, o proxecto remata este ano, co que de novo a Asociación queda un pouco a velas vir cara ó futuro.
En Rogos e preguntas saiu o tema da participación das diversas entidades a máis dos concellos, a conta das contas, é dicir, a proposta de que cada entidade puxera de xeito proporcional ó poder de voto unha parte proporcional do orzamento, procurando así unha unha maior implicación na vida social ó ter cartos 'invertidos'. A cousa, proposta por min, quedou así, sen máis, despois dunha serie de intervencións, nas que se destacaron temas como que en plena crise se ás entidades se lles pide cartos, por poucos que sexan, se botarían atrás e o que se pretende é precisamente a participación, ou o feito curioso de que mentras houbo cartos da UE, houbo xente interesada e case peleandose por entrar na diretiva, mentras que cando se acabaron, desapareceron non só da directiva, senón da asociación. O caso é que os asistentes á xuntanza, que rematou ás 8 de cuarto, poidéronse sentar na mesa de plenos e sobraron sitios. Por certo, non había mulleres. De calquera xeito, os alcaldes, que ostentan o 50% do voto entrambos, tomaron o compromiso de reunir ás diferentes 'mesas' representadas na directiva para a renovación de cargos e mobilización do apoio social.
Nota: A estrutura de representación vai a traverso de mesas sectoriais, cada unha cunha asignación de porcentaxe de voto, que se reparte entre as entidades que a constitúen. Por exemplo a mesa de asociacións culturais coido lembrar que ten un 5% de representación, que se traduce nun representante na directiva e unha porcentaxe de voto de cada asociación dentro da 'mesa'.
E ben, que vai pasar despois de que remate este ano o proxecto piloto? E despois de que se reintegre a finca ós Irmandiños?
Ningún comentario:
Publicar un comentario