...
tampouco temos que facer relocer todo ouro.
Dende
hai moito tempo, a humanidade procura o ouro máis como símbolo de
poder que como outra cousa: o seu uso industrial é moderno e
limitado, e o seu emprego para a estética foi o que determinou a súa
importancia como símbolo de poder.
Ben,
se hoxe en día os avances diversos permiten diversificar a estética,
o ouro non é nin moito menos, insubstituíble. O que fai que o seu
valor non śo se manteña, senón que se incremente, é o seu
significado como símbolo de poder, no que constitúe unha burbulla
que non se pode pinchar porque é inmaterial, básase no intramado
ideal que foi construíndo recíprocamente a sociedade nas nosas
mentes e as nosas mentes na sociedade. Para desinchar a burbulla, o
que se necesita é un cambio de mentalidade...
E,
chegados aquí, temos o proxecto de Corcoesto, que provocou
manifestacións no primeiro fin de semana de xuño en Galicia, e os
traballos que van poñer en marcha a que será a mina de ouro de
Tapia. Centrémonos nun. Por proximidade, Tapia.
Farán
a posta en marcha os tapiegos? Non! Os asturianos? Non! Quen o fará,
pois? Os canadianos! !? Ben, na realidade, non 'os canadianos', senón
unha empresa radicada no Canadá, propietaria doutra que para facela
máis confiable incorpora no seu nome a verba 'Astur': Asturgold.
O
proxecto leva pasado diversas reviravoltas e cambios de empresa,
sempre de matriz extranxeira. Tivo sempre fronte a el un grupo
importante da sociedade de Tapia e da comarca, e a favor, o que
poderiamos chamar a élite asturiana e, doutra beira do edificio
social, xente que mendiga por un posto de traballo e que é prometida
pola élite. Coñeces o dito de 'prometer e prometer ata meter, e
despois de metido, esquecer o prometido'? Emprégao neste proxecto
asemade ...
Como
proxecto, primeiro ía ser a ceo aberto e logrou pararse entre outras
cousas porque o prezo do ouro tivo un momento de pequena baixa.
Agora, trátase dunha mina de galería cun acceso de ... case 3 km de
longo. Dos residuos e balsas de contención sábense menos datos,
pero mirando noutras minas, como por exemplo na que hai en Asturias
mesmo, en Belmonte de Miranda (imaxe), podemos facernos unha idea do
tamaño destes restos.
Restos que quedan 'per saecula saeculorum' emponzoñando a terra e a auga con cousas como o ciaunuro (prohibido en varios países). Si, o cianuro, ese veleno que é capaz de matar a unha persoa cun pouco de polviño. Ou o arsénico, afamado veleno tamén: segundo a wikipedia, “O arsénico e os seus compostos son extremadamente tóxicos, especialmente o arsénico inorgánico.”
O
movemento de terras, co cambio de tipo de explotación, tampouco se
evita: non só pola galería, que a base de non menos de 3 m de ancho
x 3 m de alto x 3 km de longo vai supoñer unha montañiña de
cascotes, senón porque a minería do ouro está baseada no movemento
de terras, e por cada gramo de outro estaba previsto remover cousa de
unha tonelada de terra ... Queda máis bonita a zona coa galería,
pero só iso. A montaña de escombros medrará igual.
Ben,
din que se van producir beneficios. Cartos. E non me vou meter con
que si, vanse producir, en particular na propiedade e direción da
empresa, e que terá algúns operarios (os que máis cobren, de novo,
de fóra), porque aí comezamos a entrar nun xogo de poder e miseria
... a menos que confrontemos eses supostos beneficios co perxuízo ó
medio ambiente e o cuantifiquemos. Entón, as contas xa non saen. E
tanto non saen canto que se trata de nin facelas. Resúmense cun 'vai
quedar todo ben' ou 'o sistema é seguro'. E punto. É certo que o
ouro sube de prezo (ás veces, baixa), pero éo máis que o medio
ambiente cada vez está máis caro, porque cada vez o estamos facendo
sufrir máis, esgotando os recursos, renovables ou non (os
renovables, impedindo moitas veces a súa reprodución), e porque
despois das promesas, chegan os incumprimentos, aínda relativamente
pequenos (trátase de disculpalos como 'descuido', 'males menores',
'custes derivados', ...) mentres está comprometido o rendemento,
descontrolados unha volta a mina deixa de producir.
E
así chegamos ó final, non esquecendo o xogo de poder. Un xogo que
xa se levou por diante un alcalde, que se viu como cambiou cun cambio
de goberno, que é capaz de ter recursos para inundar con propaganda
unha zona abondo ampla, en dúas comunidades autónomas, que ten
medios para formar un grupo de presión nas instancias decisorias,
que é opaco no que quere e en cambio inunda de información
tendenciosa, que ... Un xogo que pretende bondades no lobo de
carapuchiña vermella e que fai caso omiso de que temos unha Terra,
que herdamos dos nosos pais e debéramos deixar en bo estado ós
nosos fillos.
Actualización: O 20130714, a revista de El País di que en Tapia esperaríanse 4 g de ouro por cada tm, e que o túnel sería de 25 m de diámetro, isto é, unha cantidade de terra removida para facelo unhas 14 veces maior.
Actualización: O 20130714, a revista de El País di que en Tapia esperaríanse 4 g de ouro por cada tm, e que o túnel sería de 25 m de diámetro, isto é, unha cantidade de terra removida para facelo unhas 14 veces maior.
Ningún comentario:
Publicar un comentario