Nota de prensa
Mesa de asociacións do
concello de Ribadeo
20130621
Representantes
de varias entidades reuníronse o pasado venres no ribadense local do
lavadoiro dos fornos con varios puntos na orde do día.
-En
primeiro lugar, como introducción ós puntos a tratar, pasouse
revista ó feito na xuntanza anterior.
-Pasouse
logo á participación das asociacións na xestión da Reserva da
Biosfera, onde se analizou diversa documentación e se viu que na
actualidade a Reserva da Biosfera está na fase de alegacións ó
plan por parte dos concellos integrantes, algo que se podía facer
extensivo a todo o mundo, asociacións incluídas, tendo en conta que
xa na xuntanza anterior saíra á palestra o aínda inexistente plan
de ordeación de recursos naturais da ría (PORNA). Acordouse pedir ó
alcalde os datos da normativa de participación.
-En
relación á adhesión ó escrito da plataforma da área sanitaria da
Mariña, acordouse a adhesión. En relación ó tema sanitario,
falouse tamén do Centro de Saúde de Ribadeo, no que hai oito prazas
de medicina xeral e 4 de urxencias. Non obstante,hai un médico de
medicina xeral de baixa sen substituír hai un ano, co correspondente
reparto de pacientes entre os outros e lento trasvase de cartillas a
outros médicos, o que indica un desdeixamento da praza e unha
posible supresión no futuro, na liña de deterioramento da sanidade
pública. Quedouse en facer un escrito denunciando o feito e apoiando
a que o servizo prestado en Ribadeo sexan as oito prazas acordadas.
-En
relación ó nome da ría, a AVV O Tesón manifestou estar a facer
unha publicación que espera ter lista este verán.
-Pasouse
logo á participación cidadá, onde se acordou retomar o tema,
tomando como punto de partida a documentación xa xerada pola mesa
hai varios anos, de cara a unha nova proposta na próxima xuntanza,
que será celebrada a comezos do outono.
Xa fóra
da orde do día, falouse do pouco uso que está a ter a ordeanza de
medio ambiente e das consecuencias dalgunha política seguida no
concello e relaciondaco anterior, como o pacto de boa vontade para os
depósitos previos ós permisos, e a obtención de permisos, para a
saca de madeira, que a pesares das dificultades para a obtención de
datos en relación a outros concellos, sábese que non funciona.
1 comentario:
http://www.cronica3.com/2013/06/a-mesa-de-asociacions-de-ribadeo-analizou-nunha-xuntanza-temas-de-interese-social-e-municipal/
Publicar un comentario