20130620

Residencia de anciáns

Poucas novidades. Ise é o resumo depois dunha nova xuntanza. Case conta máis o detalle, como o título de 'residencia de maiores' como máis político que 'de anciáns' na nota do concello, que a novidade do chamamento á orde que fai a comisión e o alcalde como presidente, á Consellería por incumprir unha volta máis a súa palabra dada. Ou as diferentes versións en dixital ou en papel da nota do concello dadas polos diferentes medios (Crónica 3, Cope, e polo momento, o resto en papel)
á xuntanza asistiu mesmo o Vicepresidente da Deputación e deuse como nova que no pouco que queda do mes haberá un pleno para recalificar terreos no que se deixará explícito o terreo das casas dos profesroes para a posibilidade de construcción dunha residencia. Xa hai terreo con autorización (e máis esperando dunha reforma no PXOM ou o convenio para cambio de propiedade, se fora o caso)
En canto ós cartos, a Deputación comprométese, o concello tamén, e reclaman a participación da Xunta, que polo momento só ofertou un convenio dalgunha prazas cando estivera feita. E aínda que considerando o longo prazo coido cabería valorar cal das opcións poidera ser máis ventaxosa, na actualidade, a necesidade marca a preferenza.
A cousa segue. E non só porque vaian seguir as xuntanzas, a presión da comisión, os veciós presionando ... senón tamén porque o concello xa comezou a mover papeis e cálculos, estimando o custe en algo máis de dous millóns de euros, para o que á forza se tiveron que facer algúns planos e asemae, asumir o concello unha parte de gasto (como xa se tiña falado con anterioridade), xunto con Deputación, xa apalabrado, e Xunta, a quen se lle volta pedir.
Coido que a etiqueta 'residencia' no blog servirá para facer un seguemento máis detallado a quen queira ...

Ningún comentario: