20130712

800 €

Chegamos a venres. Hai algún tempo que os venres eran temidos polos novos recortes que se anunciaban. Xa non: a amputación chega a dormecer.
Esta mañá levanteime lembrando algo que lin aló por ... abril? e fun na procura do dato: a factura por intereses da débeda pública (noutra entrada anterior falei en relación á débeda global) está contemplada nos orzamentos do estado para 2013 con 38 600 000 000 €. A cousa é que en España andamos polos 48 000 000 de persoas. Se facemos a división deses números redondos ... 804€/persoa-ano.
É certo que  meu coche é abondo económico, pero, para facerse unha idea, con 804€ coido que podería ir ata Moscú e dar a volta e aínda me sobrarían cartos para contribuír a comidas ou hoteles. Se lle sumo as cantidades correspondentes ós membros todos da familia, o extremo oriente está ó alcance da miña man.
Pero non, quedarán nos presupostos e levaráos ... quen os leve.

Ningún comentario: