A este paso, imos pedir cada mañá a nosa ración de novas de corrupción: xa estamos enganchados a elas, e se nos faltan, sufriremos un baixón. Algo así como o que tentaba reproducir o conto castizo relatado como 'A dónde vas? A los toros! De donde vienes? De los toros ...': xaleando á ida, pasotas de fastío á volta. Ou como na pregaria: 'a corrupción nosa de cada día, dánola hoxe ...'
Coido que os políticos son conscientes ata a médula deste detalle, e por iso dannos cada día a nosa ración a mar de contentos para que nos desfoguemos, equezamos a gobernanza e a política pase a ser un circo do que nos desinteresemos aínda máis. Para que esteñamos animados co circo, pero eles tranquilos porque o retorno será asemade pasota e esquecido en boa parte, abarrotadas as nosas cabezas de tres traxes ou uns cantos millóns de euros, barreira que oculta o que favoreceron ou os dereitos que nos roubaron a conta.
Hoxe, din, Bárcenas quere implicar a Rajoy. Non están xa ata as cexas ambos? E non nos seguen a quitar dereitos? (si, tamén Bárcenas, administrando as novas de corrupción ó seu proveito en troques de telas soltado hai tempo como manda a ética e o noso dereito a saber) Unha volta máis, queren que sigamos un culebrón e nos desentendamos das consecuencias da política e da nosa falta de participación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario