20130708

Actividades en Ribadeo

Ribadeo ten actividade. Máis se é fin de semana. E máis se é en pleno verán. Quedou amosado unha volta máis neas fin de semana.
Outra cousa é que as actividads sexan do mesmo cariz, coa mesma difusión ou coa mesma participación.
En Ribadeo, o venres houbo unha noite branca para o comercio, ata as 12 da noite, na que houbo por exemplo un desfile de modelos e música. Que alguén desfrutara ou non comprando iso xa é outra cuestión, pero xente, hóuboa (quizáis algunha por desfrutar da temperatura suave que contrastaba coa do resto da península).
Ó tempo, desenvoltouse unha xuntanza de O Formigueiro. Claro, non foi tan multitudinaria tratándose de seguir unha liña de cooperación e traballo alternativo.
Tamén ó tempo (un pouco despois que o anterior) houbo unha presentación dun libro no Cantón Bar. Xoan Hermida falou do seu '(Re)Construír a esquerda nacional. Da Rolda de Rebeldía a AGE'. Como foi no único acto dos tres que participei (a parte de usar a rúa e contar como persoa nesa xente que encheu Ribadeo na festa do comercio e de interesarme pola xuntanza do Formigueiro), dexio referenza un pouco máis ampla. Fala ben Xoán, gustoume a liña argumental, pero non me convenceu algunha cousa que dixo. Básicamente porque unha cousa é a teoría e outra a práctica, e non deixou de verse chocar ambas cando estimou que todos (os integrantes actuais dos partidos que compoñen a formación) debían de ser de AGE como mira cara a unha formación forte e non dividida en pequenos grupos, en troques de considerar que AGE debía de ser de todos (da xente), na procura dunha participación real (participación que tamén foi mentada, pero máis no sentido de axudar 'todos a unha' que de construír entre todos ou mesmo que de procurar a participación dea xente). Naturalmente, falou moito máis ó longo de hora e media, contando preguntas, co que o que poña aquí de memoria e tomando os puntos que valorei máis pode dar unha imaxe distorta da charla, seguida por algo máis dunha vintea de persoas.
Por certo, na fin de semana tamén houbo unhas horas, o domingo, nas que se puido tomar o sol...

Ningún comentario: