Amadores da Música remata de dar unha sorpresa a quen máis, quen menos, tódolos socios. Está convocada unha xuntanza para o sábado día 20 de xullo ás 20:30 (pois, como é tradicional, non haberá quorum na primeira convocatoria) cun único punto na orde do día:
1.- Supresión do posto de Director da Escola e Banda Municipal de Ribadeo
Estou á espera de enterarme máis do tema, pero a cousa ten que ver coa aprobación do RPT (relación de postos de traballo do concello de Ribadeo; aprobación provisional, pleno de 10 de xullo de 2012; definitiva, 30 de novembro de 2012), que, no referente á escola de música, deixaba o persoal:
É dicir, sen posto denominado como de direción da escola. E, no convenio, se mal non lembro, aparece que o posto de director da escola de música leva aparellado o posto de director da banda.
Polo momento, eu diría que nada cambiou, perodespois dun cambio de denominación (e non sei se de nivel ou outro) a fin dun curso e antes do comezo doutro, é posible que a direción de Amadores teña máis información ou sinxelamente, temor de que o cambio de denominación na Relación de Postos de Traballo implique unha variación efectiva do servizo.
Actualización: colgo con posterioridade outra entrada sobre Amadores e o Concello, sobre o mesmo tema.
Ningún comentario:
Publicar un comentario