20130710

Onte a auga estaba fría

Flores subindo Santa Cruz

Si, certo: onte, nos bloques, a praia popular de Ribadeo, a auga estaba fría. Dixéronmo de camiño, e quixen comprobalo. Costaba meterse, e quizáis despois de dez minutos na auga podías notar as mans un pouco máis pálidas a causa da baixada de temperatura. Despois, nada de secarse ó sol: a toalla ademáis, podía protexerte do fresco reinante. O terreo a herba estaba abondo ocupado. A xente estaba calma: lía, conversaba, miraba a Castropol entre a néboa, sinxelamnete desfrutaba: a temperatura permitíao, e non foi ata xa tarde que se deixou sentir que a néboa mollaba.
O concello argallou unha barandilla no centro das primeiras escaleiras, e ata parece que foron limpas en parte. A herba medra máis, a medida que se vai asentando pouco a pouco un substrato sobre a area de base que deu pé á 'praia'. Mesmo, en marea alta, non se notaba un chisco do fango que fai de chan na bañeira. Iso si, na zona da ducha, as pedras de contención están un chisco máis desordeadas que no resto, quizáis polas filtracións de auga e o arrastre de area debido ó correr do desaugue das duchas. As árbores van medrando pouco a pouco, aínda que onte non fixeran falla para protexerse. Mesmo a néboa fixo posible que a superficie da auga estivera tranquila, sen motos acuáticas, motoras rápidas, esquí e demais, só de xeito moi espaciado unha motora levantaba ondas que ó chegar ás escaleiras mollaban á xente ou enturbiaban a quen quería alonxarse da orela nadando.
Voltando á auga, quizáis o sentila fría fóra a falta de costume polos poucos baños deste verán: os pícaros desfrutaban dela unha e outra vez.
Á ida, ou de volta, podíanse ver as ringleiras de madeira en Mirasol, amontoada esta tempada en cantidades variables, pero en calquera caso, que constitúen unha marca para o peirao.
Madeira en Mirasol. Vista parcial nun momento de Sol.

Ningún comentario: