20130730

Santa Cruz, romería e preparación

A próxima 'finde' celébrase a romería de Santa Cruz. No pobo trascendeu o aviso de que se quería unha festa a antiga usanza, aínda que quizáis non fora ise o sentido do aviso da directiva da Sociedade de Amigos da Gaita, organizadora do evento. O caso é que o aviso foi collido nun sentido negativo, de imposición e falta de liberdade, e unha vez que a percepción dun grupo queda establecida de xeito longamente maioritario, é difícil de cambiar, aínda que isa percepción non corresponda coa realidade. Unha volta vistas as declaracións da presidenta da asociación, diría que se pretende unha 'volta ás orixes', sen máis complicacións, pero esas orixes están xa tan difusas entre o que non era orixinario que ... posiblemente o que se logre sexa completar o salto da festa no monte á troula no pobo. Xa tan lonxe como no 2006 deixei unha entrada na que viña a coller as verbas do pregoeiro para cambiar a orde de importancia entre diversión e convivencia na xira, ou hai un par de anos deixaba patente que a festa se trasladara en boa parte ó pobo, como corroboeri (eu e moita máis xente) outras veces. Cambio que levou tamén á separación da xira do día do Enma Cuervo.
De calquera xeito, esta entrada, máis que recalcar unha confrontación no pobo a conta dunha festa que aínda non se fixo este ano,ou a comparación con anos anteriores, o que pretendía era deixar constancia que a poucos días da festa, Santa Cruz non está preparado: o lixo e o abandono da vexetación eran patentes onte pola tarde, en contraste coas vistas sempre fermosas, e coa limpeza rápida que se ten practicado outros anos.




Ningún comentario: