20130724

Unha comparación que afecta a Ribadeo: meteoroloxía

Antonte a predición televisiva do tempo na zona daba choiva (para onte) e choiva (para os próximos días). Onte foi o mellor día de Sol en Ribadeo no que vai de ano. Evidentemente, non acertaron. Coido que cando se fai unha predicción cabe ese risco. Pero cando as predicións se alongan ata unha semana enteira, fallar estrepitosamente o primeiro día, non se entende. E nunha sociedade como a aque vivimos, ise fallo ten un custe.
Dende hai algún tempo veño observando de xeito esporádico a predición das dúas axencias públicas sobre o tempo na zona, e en xeral teñen un acordo grande, pero hai días nos que difiren moito.
Embaixo deixo o recorte de dúas tomas de pantalla, correspondentes á predición de Meteogalicia e a Axencia española de meteoroloxía (Aemet) para os próximos días. Para comparar. Neste caso as predicións van abondo parellas, aínda observando casos como unha diferenza de 5ºC de máxima para o sábado (20ºC e 25ºC), ou as figuras que ilustran o estado do ceo ese mesmo día, por exemplo.
O caso é que co curso, se segue existindo Meteogalicia (unha das cousas que se quere levar por diante o 'manexo da crise'), comezaremos unha comparación  de predicións. Vaia por diante que teño a percepción de que Meteogalicia é máis exacta na zona que Aemet; saberemos se corresponde á realidade.

2 comentarios:

Enrique Sampedro Miranda dixo...

Pois sería mui interesante poder facer esa comparativa Antonio. Curiosamente eu teño a percepción de que para a nosa zona acerta máis Aemet que Meteogalicia. Pero na Aemet nunca miro as previsións para 7 días, que se fan de forma automática, senon as previsións escritas para a comunidade autónoma. En fin, si podedes facelo, a ver qué conclusións obxectivas sacades.
Un saúdo.

agremon dixo...

Para a próxima feira da ciencia ...