20130903
Como facer chourizos e curalos (liñas xerais)
Cóllese o magro do porco ou substancia adornada por moitos cartos, e pícase. O do picado é para evitar transparencia e que non se saiba ben de onde ven a substancia, podendo así misturar con facilidade a partir de diferentes lugares do porco. É algo fundamental para que pase por chourizo e non por, poñamos por caso, lombo, doado de localizar e rastrear ata o mismísimo porco vivo. Non se tritura, que se non pérdese a textura e teremos outro embutido de menor cualidade, igual que os cartos triturados resultan pura calderilla. O picadillo hai que aliñalo, cunha especia por eiquí e outra por aló, do mesmo xeito que hai amiguetes que non fan moito pero que son necesarios para unha boa, e chámaselles para que esteñan en todas. O picadillo aliñado resulta en zorza, a auténtica substancia do chourizo, no que xa non se distingue de onde ven, quen participa ou o método de extracción, e ten xa cor e sabor propios debido ás especias.
De calquera xeito, e aínda sendo a zorza saborosa unha volta fritida, aínda non é chourizo, que é algo que ten máis elaboración. A zorza debe embutirse: pasa por algún tipo de embudo, e mesmo apretado a man, remata na tripa, do mesmo xeito que os partidos políticos meten a quen lles chega, e se poden obter rendementos, tentan por todos os medios unha adaptación formal para que quede todo no mesmo interior. Dentro da tripa aínda non é chourizo: falta o atar cada anaco por separado, facendo compartimentos estancos que permiten saborear de xeito independente un e outro, agora si, chourizo. Esa independencia parece que libera cada parte do resto, que o illa, aínda que non se podan escapar da mesma tripa contedora e protectora por moito que máis tarde se corte cada chourizo de xeito individual.
Ben, aínda separados, os chourizos están ternos. Si, xa se poden comer, pero nese caso, aínda necesitan ser cociñados. Para comelos sós, fai falta curalos. Entendámos, non curalos de espando, que diso xa o están despois de coller substancia, picala, aderezala, embutila ... Non, trátase de curalos con tempo e fume. O do fume é moi convinte: isa cortina de novo varía o sabor e produce un sentido de indefinición que xa convirte o resultado noutro produto do que case nin se sospeita a súa procedencia, substancia ou relacións. Entón xa está listo para ser consumido e aprezado. Tanto, que se comes chourizo, quédate un bo sabor de boca e pides por máis: a quen non lle gusta o chourizo?
Receita creative commons realizada con coñecementos de dominio público; podes mellorala e ata tentar facer cartos con ela de xeito comercial (nese caso, lémbrate do autor primeiro...)
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario