Deixo embaixo a nota da convocatoria dunha concentración de protesta para a mañá do mércores, ás 11 e media no Centro de Saúde de Ribadeo. Na nota hai razóns, o mesmo que na miña entrada do outro día, pero o que vai contar na túa decisión, sobre todo, vai ser o sentemento. Por iso, anímote a que revises os teus sentementos, se crees que debes facer algo ante este arrase permanente de dereitos, servizos, vontades, ... e se crees que unha protesta aquí está xustificada. Pénsao, e se o ves, actúa. Se non o ves, segue como se non pasara nada: para ti, o que pasa no importa.
-->
O
SERVIZO DE ATENCIÓN PRIMARIA DE RIBADEO RETROCEDEU EN DOTACIÓN DE
PERSOAL SANITARIO AO ANO 1985 A PESAR DO INCREMENTO DE POBOACIÓN.
A PLATAFORMA CONVIDA Á POBOACIÓN RIBADENSE A
CONCENTRARSE O PRÓXIMO MÉRCORES CONTRA OS RECORTES DE PERSOAL NO
CENTRO DE SAÚDE DE RIBADEO.
A
Mariña, 13 de setembro de 2013. A Plataforma
na Defensa da Sanidade Pública da Mariña denuncia que os recortes
orzamentarios no Servizo de Atención Primaria de Ribadeo en dotación
de persoal sanitario fan retroceder ao ano 1985 o cadro de persoal
despois de perder unha praza en enfermería, unha de Persoal de
Servizos Xerais e agora unha praza médica. A Plataforma considerou
inadmisíbel esta redución do persoal que contrasta co medre
poboacional- mil habitantes mais que en 1985 - , cos incrementos de
poboación estacional ou coa dispersión, polo que non admite a
retórica da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo que xustifica
estes recortes como se foran melloras cando os recortes nunca son
melloras.
A
Plataforma chama á poboación ribadense a concentrarse o mércores
18 ás 11:30 nas inmediacións do Centro de Saúde.
A
Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña convoca unha
concentración nas inmediacións do Centro de Atención Primaria de
Ribadeo o próximo mércores 18 ás 11:30 como protesta pola
eliminación dunha praza médica neste centro que xunto con outros
recortes de persoal como unha praza de enfermaría e outra de
Servizos Xerais devolven o cadro de persoal do centro ao ano 1985.
Dende
a Plataforma consideran que a cidadanía ten que rebelarse e saír á
rúa para defender os seus dereitos como usuarios e usuarias da
sanidade pública e non permitir que a Xerencia de Xestión Integrada
continúe co seu programa de recortes de persoal que degradan de
forma constante a calidade asistencial.
O
SERGAS cos seus recortes devolve o cadro de persoal do Centro de
Saúde Ribadense ao ano 1985 cando a poboación censada medrou en
mais de 1000 habitantes.
Segundo
informan, o censo de poboación en Ribadeo medrou dende 1985 en mais
de 1000 habitantes, pasando de 8.973 en 1985 a 10.061 segundo o
último padrón publicado, boa parte dela reside en zonas dispersas,
recebe poboación visitante non só en determinadas épocas do ano
senón de xeito permanente; á vista das últimas medidas adoptadas
ningún destes factores parecen ter relevancia para o SERGAS que
aplica constantes recortes de persoal que levaron ao centro de
asistencia primaria de Ribadeo a unha situación comparábel ao ano
1985 tras perder unha praza de enfermaría, unha de Persoal de
Servizos Xerais e agora unha praza médica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario