A educación non está en cuestión: é necesaria. O que si está en cuestión é a xestión que tratan de impor, despoxando a educación pública da calidade e cualidades que debe ter.
Onte houbo folga. Segundo a nova de prensa, o 80% de estudantado de secundaria da Mariña e o 65% do profesorado. En Ribadeo, no IES de Ribadeo, o paro entre o profesorado foi de 40%, e entre o alumnado, máis difícil de precisar, dende un paro abrumador no bacharelato ata cousa do 50% nos primeiros cursos da ESO, cunha media que coido viría a coincidir de xeito aproximado co 80% anunciado para a Mariña.
En Ribadeo, pequena concentración diante do IES. Na capital de provincia, igual que en Burela, fálase de manifestacións con éxito. As fotos de Lugo así o testemuñan. E, para fotos, as de Madrid dan fe de que será dificil ningunear unha manifestación tal como fixo o Ministro de Educación referíndose ó óbito recente de Manolo Escobar sen unha verba relativa á manifestación. Nese sentido, as redes sociais dan unha información abondo ampla. Reproduzco por exemplo a foto que tomei de facebook a traverso de Ángel Alda sobre a manifestación de Madrid:
Algunhas referencias no 'el diario', aínda que poden (e deben) compararse co transmitido por outros medios ou pola rede:
http://www.eldiario.es/galicia/Aulas-personas-calles-Galicia-LOMCE_0_189331706.html
http://www.eldiario.es/sociedad/marea_verde/puntos-clave-conflicto-educativo_0_189331076.html
http://www.eldiario.es/zonacritica/frases-Wert-invitan-huelga_6_189041106.html
http://www.eldiario.es/zonacritica/estrategia-desacreditar-huelguistas_6_189391078.html
Fotos de diversas cidades (collidas asemade por ligazón de A. Alda).
Ningún comentario:
Publicar un comentario