AVV
O Tesón
Nota
de prensa
Ciclo
de charlas
“Crise,
economía e falsos dogmas”
4ª
(e última) charla
Ribadeo,
20131022
Despois das tres primeiras charlas sobre Crise, economía e falsos
dogmas, a cargo de José Mª Martínez Fernández, José Ángel
Bolaño Penelo, e Mª Jesús Fernández Álvarez, o próximo xoves
31, de novo no Salón de Actos da Casa do Mar de Ribadeo e ás 20:30,
terá lugar cuarta e última, que manterá Anxo Martínez Pérez,
sobre a mesma referenza do 'Manifesto de economistas aterrados'.
O ciclo veu a encher unha necesidade de información / formación e
debate / contraposición de ideas que se ten manifestado con boa
acollida polos participantes.
Como as pasadas semanas, terá lugar primeiro a charla e de xeito
posterior un coloquio, co público como elemento fundamental, e coa
presenza dos catro ponentes, sobre a temática da charla e sobre a
crise en xeral.
Lembramos que o ciclo vai dirixido a persoas que teñan interese en
saber máis e compartir coñecementos, sen importar que ó inicio das
mesmas o nivel de coñecementos socioeconómicos sexa máis alto ou
máis baixo: un dos obxectivos das charlas é igualar os niveis por
enriba os niveis de coñecemento explicando os conceptos necesarios.
Adxúntase o cartel correspondente á cuarta charla.
Ningún comentario:
Publicar un comentario