AVV O Tesón
Nota de
prensa
Ciclo de
charlas
“Crise,
economía e falsos dogmas”
Ribadeo, 20131011
Onte
tivo lugar a segunda das charlas sobre Crise, economía e falsos
dogmas organizadas pola AVV O Tesón. Foi a cargo de José Ángel
Bolaño Penelo, quen despois de marcar cales ían ser os pasos
durante a súa intervención, abordou abordou a crise referíndose ós
capítulos correspondentes do libriño 'Manifesto de economistas
aterrados'.
Na charla, desenvolta no Salón de actos da Casa do Mar de Ribadeo e seguida por trinta persoas, produxéronse ademáis interesantes intervencións do público, motivadas pola nídia disección da crise feita polo conferenciante.
Tras comezar coa pregunta 'medidas de austeridade: baseadas en evidencias ou en dogmas?', respondeu á mesma abordando a resposta a traverso dunha liña histórica, outra comparada e outra teórica, e incidindo na sociedade actual e os efectos que sofre. A ligazón de datos como que no 2009 1/8 da poboación residente de xeito legal en España fora de orixe emigrante e a súa aportación en 1/3 ó aumento do PIB -algo demostrado polos números- ou o travase de débeda privada a débeda pública e o conseguinte aumento dista debido ó mesmo xunto coa inversión en mecanismos automáticos de equilibrio -acompañados dunha diminución de ingresos por rebaixas fiscais- foi abordada como integrante da primeira parte da crise. De xeito parello, na segunda parte, foi destacada a incidencia da asuteridade en magnitudes económicas como o desemprego ou o desequilibrio fiscal, así como outros feitos como os 'brotes verdes' citados no 2011 e a súa realidade. O remate foi posto despois dunha cita que sinala que non é que gastáramos por riba das nosas posibilidades, senón que ganábamos por baixo das nosas necesidades despois de anos de baixadas do que significa as rendas no conxunto de rendas, sen medrar os salarios reais nin en època de bonanza.
No debate posterior, ó
tempo que se reafirmaban afirmacións da charla como a relación
desequilibrio de gasto público e axudas á banca, xurdiron outros
temas como a organización do poder do capital fronte á
desorganización social, ou que as 'posibilidades' (en relación á
frase 'gastar por riba das nosas posibilidades') poden ser postas, e
sóno, de xeito externo. Asemade, lembrouse que en cada
punto/capítulo do manifesto que se emprega como fío condutor
aparecen alternativas ó que se está a facer na actualidade, habendo
polo tanto, alternativas aínda que se insista dende hai tempo en que
non as hai.
Adxúntanse dúas fotos.
A próxima charla da serie será o venres 18 de outubro, no mesmo lugar e hora, a cargo de María Jesús Fernández Fernández
1 comentario:
A nova, en Crónica 3.
Publicar un comentario