-->
Ribadeo,
20131101
Onte xoves tivo lugar a cuarta e derradeira das charlas sobre Crise,
economía e falsos dogmas organizadas pola AVV O Tesón. Transcorreu
na casa do mar de Ribadeo a cargo de Anxo Martínez Pérez, quen
despois de facer unha introdución xeral, abordou a temática da
crise a partires dos capítulos 6 e 7 do manifesto de economistas
aterrados, enfocando as falsas evidencias de traslado interxeracional
da débeda e da tranquilización dos mercados financieiros para ter a
posibilidade de pago da débeda pública.
Nun ambiente distendido, o conferenciante dividiu en dúas partes ben
diferenciadas a charla, comezando pala temática directamente
relacionada coas 'falsas evidencias' anteditas, pasando a
continuación a achegar a crise, as súas causas, efectos e
particularidades á nosa terra. Así, por exemplo, destaclou a
influenza que ten na crise en Galiza a diferenza de tecido económico
en relación a Cataluña ou o País Vasco. Influenza tanto na entrada
da crise como no seu desenvolvemento e na súa saída.
Ademáis, non podía deixar de situar os conceptos, o seu significado
e precepción nun contexto español no que se está a falar de saída
da crise con máis dunha persoa de cada catro en paro. Algo difícil
de comprender se non se ten en conta o diferente significado de crise
que se manexa, que representa diferente para certa élite do que
representa para a grande maioría da xente.
Máis aínda que nas charlas anteriores, o turno de intervencións do
público tivo que ser cortado debido ó avanzado da hora, quedando
sobre a mesa moitas preguntas, respostas, exemplos e aclaracións
sobre un fenómeno, o da crise, que é multifacético e engañoso,
como se ten amosado no conxunto do ciclo.
Ó finalizar, fóille entregado un diploma e un pequeno agasallo ós
conferenciantes, entre un cerrado aplauso dos asistentes.
A AVV agradeceu ós ponentes e ós asistentes a súa participación,
e cerra esta actividade coa satisfacción de ter brindado a toda
canta persoa se quixo achegar un foro aberto de contraste de ideas e
coñecemento sobre unha temática crucial nos tempos actuais.
A asociación, para quen non teña podido asistir e esteña
interesado, seguirá a cargar en internet os audios das charlas,
exceptuando o desta última por un problema técnico.
Embaixo, momento da entregado agasallo.
Embaixo, momento da entregado agasallo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario