Remato de ver polo corpo dunha nova de propaganda (blog do concello) que o venres debeu haber pleno [nota: de propaganda, pois foi usada para dar bombo a que se vai cobrar máis ós bancos, cando si, se vai cobrar máis, pero evidentemente, a cantidade non vai solucionar problemas de tesourería do concello].
Nun xornal da semana pasada, en papel e na web, referido á mesma nova, o pleno era situado hoxe luns. Nos xornais, esta fin de semana, novas sobre Ribadeo, pero aparentemente, non sobre un pleno. A mesma semana pasada falaba precisamente da participación cidadá, das posibilidades en Ribadeo, da información dispoñible ... O salteado dos plenos, despois de ser fixos en luns dende había tempo, introduce aínda máis volatilidade na participación da xente, curiosamente despois de varios chamamentos dende a mesma alcaldía á participación de público para apoiar algún tema concreto.
O Tesón tiña 'para o próximo pleno' algunhas preguntas:
"
1. Tendo pasado xa longo tempo dende a concesión xudicial dunha
cantidade ó Concello con motivo do esnaquizamento das vidrieiras da
capela do cemiterio, e continuando a nosa pregunta do pleno de 21 de
maio, solicitamos coñecer que se fixo con ditos cartos e que se
está a facer para repoñer as vidrieiras ó seu estado inicial.
2. Tendo xa pasado longo tempo dende o 20 de setembro de 2010 no que
a asociación realizou unha pregunta sobre a devolución a Ribadeo do
canón lanzacabos doado pola armada norteamericana, á que se nos
respostou que se procuraría información para no seu caso facer as
xestións para a súa restitución, solicitamos coñecer as
xestións realizadas nestes tres anos e os seus
resultados.
"Se se fixo venres, haberá que facer a petición por escrito de novo para tentar lograr respostas: seguindo outra tradición, non creo que foran respondidas 'por non haber ninguén'. Haberá que enterarse. Se non se fixo, ...
Mentras, as vidrieiras seguen sen estar, e o canón, de viaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario