Pouco a pouco van trascendendo nomes propostos para o case recén creado IES de Ribadeo. Abriuse o proceso hai un par de semanas, e ata o 30 estará aberta a posibilidade de facer propostas, que votará o Consello Escolar para logo propoñerllo á Xunta, que será quen llo poña efectivamente (e que podería dar a sorpresa de poñerlle outro diferente do porposto polo Consello)
Ata agora, van trascendendo algúns nomes propostos para a votación:
IES ría de Ribadeo
IES Dionisio Gamallo Fierros
IES de Ribadeo
IES Sonia Castedo
IES de Ribadeo Dionisio Gamallo
Nomes que poderían aumentar e posiblemente a estas horas teñan aumentado.
Particularmente, gustaríame que quedara IES de Ribadeo, ó fin, o nome actual, pero como non creo que pase por vez, propuxen IES ría de Ribadeo, un topónimo que estimo que necesita axuda e daría persoalidade ó centro educativo.
En canto a IES Dionisio Gamallo Fierros, xa comentei en 'Curioso' do apoio institucional do concello a un nome que xa houbo e que podería confundir dous centros diferentes.
En canto a IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, tenta conxugar un apoio político coa realidade actual diferenciando así o centro do anterior e extinto que foi o Carlos María Rodríguez de Valcárcel a maioría de tempo da súa existencia.
IES Sonia Castedo, argumentado ou non (as propostas deben ir argumentadas) paréceme unha mofa do proceso de poñerlle un nome de persoa, aínda que, tal como están os tempos ...
Como agora só podería poñer os argumentos que empreguei eu, deixarei rematar o prazo para expoñelos, polo que, en breves datas, haberá outro artigo sobre o tema.
E ti, que opinas? Que nome te gostaría que tivera? Consideras que o nome ten trascendencia ou és dos que opina que os demáis poden tomar o control das palabras, ó estilo do 'que inventen ellos'?
2 comentarios:
Hoxe sae a relación 'definitiva' no El Progreso: http://elprogreso.galiciae.com/nova/294491-ocho-posibles-nombres-instituto-ribadeo?lang=es
atención: unha volta retirado o de Sonia Castedo. O por que da retirada, a ver se me entero ...
Hola:
Sería interesante saber quen propón cada nome.
Un saúdo.
Publicar un comentario