"
SERÁ A PARTIRES DAS 20 HORAS
O xoves haberá pleno
21/01/2014
Na sesión someteránse a aprobación varias
ordenanzas co obxectivo de fomentar a igualdade entre os nenos e nenas
de familias en situacións económicas desfavorables e para axudarlles
tamén ás familias que estean en situación de emerxencia social ou
urxente necesidade. A lei do aborto estará presente no debate de dúas
mocións.
O vindeiro xoves, 23 de xaneiro, haberá pleno ordinario no Concello
de Ribadeo a partires das 20 horas. Entre os asuntos que se someterán a
aprobación figura: a ordenanza reguladoras das bases de acceso ás
prestacións económicas para familias do concello de Ribadeo en situación
de emerxencia social ou urxente necesidade; a ordenanza reguladora para
facilitar o acceso ás actividades dirixidas a menores, organizadas polo
Concello, pertencentes a familias de Ribadeo en situacións económicas
desfavorables; e a ordenanza reguladoras de axudas para a conciliación
da vida laboral e familiar. No pleno debatiránse dúas mocións sobre a
lei do aborto, unha presentada polo BNG e outra polo PSG-PSOE. "
É dicir, as novas para o pleno de hoxe mesmo ... aínda deficiente: 'entre os asuntos (...)', co que non se sabe nin o conxunto 'dos asuntos' nin a formulación precisa dos citados.
No xornal, con motivo de Fitur, extra de anuncio en páxinas centrais. Ribadeo non aparece como anuncio, e está case desaparecido do especial da Mariña, aínda que queda o obrigado de As catedrais. O certo é que non me parece mal: os batiburrillos de anuncios edulcorados periódicos da comarca en distribución na propia zona non creo que sexan moi efectivos para os supostos fins que se pretenden.
E é que este ano a feira de turismo vai notar unha pequena lagoa de visitantes 'oficiais' ribadenses, segundo parece. Pe pronto, hoxe, día de presentación do vídeo feito co cuadricóptero (algo así como o 'día grande da Mariña en Fitur'), hai pleno, co que ... A interpretación, quizáis haxa que procurala no manexo mancomunitario coa voz cantante do PP, aínda que ... calquera sabe.
E no pleno de hoxe, o voto partido. Voto partido dentro do PP, que deixando liberdade de voto na moción para presionar ó goberno do estado sobre a lei do aborto, convírtese en nova non só a nivel comarcal-Mariña, senón a nivel galego, aínda que non é a primeira volta que pasa. Co actual xeito de manexo 'democrático', é interpretado como unha fractura no PP ribadense. E aínda que coido que en circunstancias dunha democracia normal sería algo usual, non unha nova, nas actuais circunstancias o normal é consideralo como froito de que algo non vai ben no PP ribadense.
E as vidrieiras. Onte, un enterro fixo que recibira unha chamada: as vidrieiras estánse a repoñer na capela dlo cemiterio. Exposición? Non. Recabo información, e dínme que os técnicos din que están ben. O pobo non saberá, vistas a distancia, máis que a opinión 'dos técnicos', 'unha marabilla'. Adeus a unha oportunidade de coñecer máis a historia de Ribadeo, de apreciar de preto unha parte do seu arte, de exercer de pobo. Contestación do escrito pedindo a exposición? Tampouco.
Ningún comentario:
Publicar un comentario