O cambio de ano, aínda que non signifique nada de por si, da unha
oportunidade de botar a vista atrás para lembrar o bó e o malo, ter
unha visión de conxunto, e reflexionar para mellorar, facer no que
non se puido facer, ...
Dentro da AVV O Tesón tamén pasamos a vista por ese ano do que a
grande maioría nos despedimos esperando poder recuperar pronto
algunha das perdas. Por iso, pola esperanza, o primeiro que nos ven á
cabeza é un proxecto que grazas ó realizado en 2013, este ano sairá
adiante en boa parte se non hai máis contratempos: a residencia de
maiores. Vaia por bo camiño. Por iso, pola súa consecución,
coidamos que debemos felicitar a José Mª Rodríguez, presidente e
cabeza visible da comisión veciñal encargada de promovela, sen
descoidar extender a felicitación a moitas outras persoas que, en
menor ou maior grao, contribuíron a facer posible este estado de boa
esperanza actual.
Esta volta, a lotería que reparte a asociación -máis como motivo
de comunión cos asociados e co pobo en xeral que para obter fondos
(510 €)- tivo o reintegro, o que permitiu un pequeno sorriso cara ó
fin do ano.
A cambio dalgunha boa nova, algunha outra non tan boa: un tema que
puxemos en marcha, a volta do xulgado a Ribadeo, está totalmente
parado, sen consideración algunha por parte institucional. E,
mentras que nalgúns lugares xa se vai normalizando o nome de ría de
Ribadeo, noutros aínda queda por facer. Aproveitamos estas liñas
para ofrecer o noso apoio a quen poda ter máis ascendencia ca nós
para poder solucionar istes temas.
As vidrieiras, outro dos seguementos que vimos facendo xa hai varios
anos, parece que leva camiño de solucionarse. Pedimos que tan pronto
esteñan reparadas sexan expostas para que a xente podamos achegarnos
e ver que pasou, como foi feita a restauración, algo da súa
historia ou como van ser dispostas de novo na capela do cemiterio. A
súa exposición foi pedida xa por escrito o pasado outono.
A nosa asociación ten realizado diversas actividades para socios e
para a poboación en xeral. Inclúese aquí o ciclo de películas -4-
realizado na primavera, con temática relacionada con temas sociais e
humanos, que deu lugar a interesantes debates. Tamén dentro do
ámbito cultural e social se inclúe o ciclo de conferencias -asemade
4- relacionadas coa crise, a economía e falsos dogmas, que
impartiron catro persoas que ofreceron con olla ampla e dende Ribadeo
a súa perspectiva da crise, as súas orixes, o seu desenvolvemento,
as súas consecuencias ... conferencias das que algunha xa se subiu a
internet e o resto espérase subir pronto: o obtido nas conferencias
merece máis difusión, o seu interese é xeral, e a formación que
brinda non é doado obtela dun xeito estruturado e desmigado como foi
feito.
Tamén de tipo asociativo foi a viaxe realizada, que con motivo
primeiro a visita ó Castro de Coaña, permitiu coñecer máis en
profundidade lugares do occidente astur como o museo de Porto de
Vega, e entablar lazos doutro xeito con asociacións da zona.
A asociación fixo posible a publicación do cartaz de Cartas da ría
de Ribadeo, que puxo a disposición de tódolos interesados a
reprodución dun conxunto de cartas que amosan diversas percepcións
do entorno da ría e ofrecen un enfoque histórico do noso entorno.
Por certo que seguen a disposición exemplares nas librerías de
Ribadeo.
Como difusión, tamén recomezamos a publicar máis cousas. Así, en
internet, no propio blog da asociación,
http://o-teson.blogspot.com.es,
ou dando a coñecer á xente as preguntas realizadas nos plenos,
preguntas que creemos que permiten facer unha aproximación diferente
á xestión que se fai da parte comunitaria das nosas vidas. Nese
camiño continuaremos.
Seguimos e tentaremos seguir participando, na procura do ben de
Ribadeo, dentro das nosas posibilidades en iniciativas diversas.
Estaremos en sitios tan diferentes como a Comisión de sanidade
pública de A Mariña ou o Consello da Muller de Ribadeo. Insistindo
na necesidade da participación cidadá, tanto por parte das persoas
como procurando que a participación esteña ben regulamentada, que
haxa claridade na xestión de Ribadeo, que todos teñamos a
posibilidade de aportar a nosa colaboración dun xeito natural, que
entre todos podamos facer un Ribadeo mellor.
A asociación en unhas contas que lle permitiron, un ano máis, non
variar a cota de asociado -dende 10 €, dende o 2004- contribuíndo
así a non incrementar as cargas dos asociados. O que poda pasar
neste sentido de cara ó 2015, iso xa se verá.
En fin, faltan moitas pequenas cousas, pero o anterior é un resume
da recompilación do feito para difundilo e que se saiba para que a
xente poda colaborar. Iso é o que queremos para o que xa é iste
ano: colaborar para facer un pobo mellor para vivir, e pedir
colaboración para levalo a cabo do mellor xeito posible.
Continuaremos. Coa referencia da ría no nome da asociación, algo
incluído no noso entorno, e co sentido que da ó dicionario á verba
'tesón'.
Mentras, esperamos un mellor ano para todos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario