Si, 2013 foi un ano segundón en temperie. Por exemplo, despois de
estar case toda a duración anual marcando o ritmo en precipitacións
altas e temperatura baixa, non foi nin o máis chuvioso do śeculo nin o
máis frío.
Na
gráfica vése claro: de finais de xaneiro/comezos de febreiro, cando
despegou forte, ata novembro, marcou diferenzas coa precipitación caída
anos anteriores do século, para quedar ó final como segundo ano do
século en canto a esta magnitude: 1 277,5 L/m2, un pouquiño
por tras do 2006. Xa digo, a pesares do inverno excepcionalmente
chuvioso e a primavera moi chuviosa asemade. A 'culpa' disto hai que
atribuírlla ó outono, aínda que tampouco marcou un tempo de seca.
A precipitación media anual no século queda aproximadamente nos 960 L/m2 en Ribadeo
Pasemos á temperatura:
En
canto á temperatura, tamén quedou por riba dos 13,56 ºC de 2010, pois
acadou 13,69 ºC. Na gráfica vése que estivo boa parte do período
marcando a temperatura media infeiror no século, sen ter días
excepcionalmente fríos, pero si tendo unha primavera de días en xeral
fríos, e un final de outono temperado. A temperatura media do século
queda así xusto por baixo dos 14ºC na nosa vila.
Outra magnitude a considerar debido á súa importancia no fin de ano, o vento, segue tamén en plan segundón:
O
ventos rápidos continuados dos últimos días do ano lograron encaramar a
gráfica anual a posicións de cabeza, pero só acadou ata o cuarto posto
dentro do que levamos de século.
En fin, voltaremos sobre algunha peculiaridade noutro momento, pero para o segundo día do ano, vai abondo.
Por certo, se hai algo que non se entenda, con preguntar ...
Ningún comentario:
Publicar un comentario