"
III. Outras disposicións
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
ORDE do 27 de xaneiro de 2014 pola que se autoriza o cambio de denominación do Instituto de Educación Secundaria de Ribadeo.
De conformidade co previsto no artigo
3.1 e 2 do Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria,
aprobado polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto), por
proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
DISPOÑO:
Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:
Provincia: Lugo.
Concello: Ribadeo.
Código: 27020902.
Denominación actual: Instituto de Educación Secundaria de Ribadeo.
Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria de Ribadeo Dionisio Gamallo.
Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2014
Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
3 comentarios:
Moi orixinal o nome...
Se mirásemos a web do centro de vez en cando, a tardanza non existiría...:
http://www.edu.xunta.es/centros/iesribadeo/?q=node/96
Suso
En relación ó comentario de Suso, algunha cousa:
Na ligazón aparecen dous escritos, un dos familiares de Dionisio Gamallo e outro do Concello, en relación ó nome.
Tanto a carta dos familiares como a do concello poden observarse que foron anteriores á dación oficial de nome e publicación no DOG.
É máis, a do concello aparece dirixida a unha institución que, na data sinalada, sinxelamente non existía.
Deixo a ligazón 'ligada': http://www.edu.xunta.es/centros/iesribadeo/?q=node/96
E xa sabedes, mirade a miúdo a web do IES!
Publicar un comentario