20140308

unha corrección sobre Ribadeo e Galicia

Copio e pego algo de Ribadeo.org, non sen antes lamentar que o alcalde, que foi o xestor da corrección, non lembrara que houbo asociacións que comezaron co tema.' De xeito separado, máis adiante, prometo unha pequena reflexión.
XA FOI SOLUCIONADO O ERRO NO FACEBOOK

Ribadeo está en Galicia

07/03/2014
Ribadeo xa está en Galicia no facebook. Esta rede situaba este concello na veciña Asturias, cuestión que orixinou moitas queixas dos usuarios de facebook. O Concello de Ribadeo púxose en contacto coa empresa e finalmente Ribadeo está onde ten que estar, que é en Galicia. O alcalde, Fernando Suárez, agradece a labor realizada por Víctor Calvo-Sotelo.
O rexedor lembrou que "moita xente de Ribadeo que está nas redes sociais, concretamente no facebook, dende hai moito tempo transmitíanos queixas de que Ribadeo sempre se situaba en Asturias e iso non é así porque está en Galicia. Por iso temos feito xestións durante un tempo e agora finalmente facebook accedeu, comunicáronse connosco para dicir que iso fora un erro e que estaba resolto".
Fernando Suárez explicou que "automaticamente se cambia para todos aqueles que tiñan Ribadeo (Asturias) e a partir de agora figura Ribadeo (Galicia). Polo tanto quero tamén valorar publicamente o xeito de facilitar o contacto que tivo Víctor Calvo-Sotelo, que é o secretario xeral de Telecomunicacións do Ministerio de Fomento, e como ribadense de adopción foi sensible a esta cuestión que lle formulamos e botounos unha man no sentido de mediar para que contactásemos nós directamente con facebook para que puideran resolver esta incidencia de tal maneira que Ribadeo está onde sempre estivo, que é en Galicia. E todos os veciños de Ribadeo poderán nas súas páxinas de facebook identificarse como tal".'

2 comentarios:

Iván Rodríguez Lombardero dixo...

Tamén amañouse Ove, pero Vilaselán fica aínda na outra beira! Alédome de que ao final se conseguira. Mágoa que esta empresa só atenda aos altos estamentos do Estado. Co sinxelo que foi por exemplo co Ribambo e Obeso no Google Maps, con estes non houbo xeito.;DD

agremon dixo...

Ben, ribambo e obeso tampouco foron doados... :-)