O coidado dun pobo maniféstase a varios niveis. Quizáis un primeiro nivel, por ser unha cousa do día a día, son os pequenos detalles, que só requiren un pouco de cabeciña para seren corrixidos. Despois virían aqueles outros que están integrados xa nos xeitos de facer, nas costumes, e que necesitan o manter a vontade de cambio dun xeito máis prolongado. Por último, os que costan cartos xa dende o comezo, porque inclúen unha planificación, parecen máis sinxelos de evitar, pero polo funcionamento deste mundo noso, da sociedade e das institucións, diría que son asemade os máis difíciles de evitar. Iso, a grandes rasgos, pois dentro de cada unha das categorías hai variación abonda como para que as divisións non sexan tan claras.
A semana pasada tomei algunhas fotos para ilustrar o que digo enriba.
A primeira foto é dun verquido de aceite de motor no acceso detrás do hiper de Eroski, entre a vía do tren e a autovía. Cousa detestable aínda que puntual.
O segundo, na estrada por diante de Eroski, a que foi cedida hai non tanto tempo ó concello, manifesta unha acumulación de lixo que se convirte en hábito. Isto é, unha mal hábito que hai que cambiar.
Por último, a terceira vai con outro nivel da escala, a 'cabeza' institucional. Trátase da xa ex
mexadoiro de King Kong (ou
aquí, un ano antes, entre moitas posibilidades expostas no blog), rechea de terra en plan maceta xigante. Algo que xa leva uns días así e que foi atacado polo voceiro do PP. A cabeciña institucional ten defectos parellos ós que podemos ter en cada casa, pero máis vistosos e máis caros... con cartos de todos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario