20140516

16 M, entre o 15 M e o 17 M

Hoxe é 16 de maio. Polo tanto, onte foi 15 e mañá 17 de maio. Dúas datas emblemáticas. A primeira, hai tres anos, deu nome a un movemento que mutou, pero nin moito menos parou ata o momento, e, sobre todo, devolveu á xente a ilusión da posibilidade dun cambio social, político, ambiental e económico para ben, liderado pola xente 'común', polo conxunto. Sona raro, pero coido é só a falta de costume de escoitar ideas anarquistas despois dunha lonta noite de pedra. E soou pouco onte nos medios: a posta do debate a dous de candidatos estatais para unhas eleccións europeas nas que, na nosa terra, preséntanse 10 grupos con representación xa en parlamentos, a máis doutros máis sen ela, acaparou as portadas políticas e sociais. A segunda data, coido que non hai que explicala: a lingua fala por si.

Ningún comentario: