Hoxe, só cun pouco de máis calma, deixo catrro gráficos a modo de resume.
O primeiro gráfico corresponde á abstención. Non se pode dicir que sexa rampante, pero aumentou algo máis de mil persoas en dúas eleccións, o que é unha porcentaxe nada desprezable. Hai que preguntarse o por que.
O segundo corresponde a unha táboa resume cos números principais das tres últimas eleccións, que complementa ás figuras posteriores, onde se desenvolve a táboa.
A primeira das gráficas seguintes é un 'resume do resume', pois só pn en tres capas (2004 a máis interna, 2009 a intermedia, 2014 a externa) a relación de persoas que optaron por absterse, as que optaron por votar PP ou PSOE e o resto, observando unha figura curiosa como de pinza que se come o voto dos 'grandes partidos estatais', reducidos a unha cuarta parte do total posible en 2014:
Catro gráficos para pensar. Coido que podería dar unha explicación do reparto, pero estimo que haberá moita xente que a dea a nivel estatal, e que sería preferible que cada quen botara as súas contas.
Por certo, nalgunha mesa, se había papeletas dalgún partido concreto, estaban ben ocultas.
A ligazón á paxina oficial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario