20140530

Esta tarde, charla sobre a evolución de Ribadeo

AVV O Tesón
Nota de prensa 20140527
-
4ª charla Ribadeo a Debate. Visións de Ribadeo.
José Ramón Rodríguez-Sabugo Fernández,
'La evolución de Ribadeo desde mi llegada'

Despois das interesantes tres charlas anteriores, a cargo de Xosé Carlos Rodríguez Rañón, Chemi Lombardero Rico e Víctor Moro Rodríguez, este venres 30 de maio terá lugar a última das charlas do ciclo 'Ribadeo a Debate. Visións de Ribadeo', que correrá a cargo de José Ramón Rodríguez-Sabugo Fernández, co título 'La evolución de Ribadeo desde mi llegada'. Coma sempre, a charla desenvolverase no Salón de actos da Casa do Mar, comezando ás 20:00 horas.
O conferenciante ten sido durante unha longa etapa Secretario do Concello ribadense. Nado en Luarca, despois da súa etapa en Ribadeo marcada pola pegada da súa profesionalidade, pasou a ocupar praza en Vigo, onde reside de onde se despraza con frecuencia á nosa vila. Ó seu paso por Ribadeo deixou ligazóns familiares e de amizade, a máis das profesionais, non sendo alleo a actualidade ribadense e mantendo contacto con diversos temas do día a día no noso pobo.
Pódense atopar publicacións del en revistas especializadas con títulos tan suxerentes como “Injusticia es todo lo que se hace contra el Derecho: cuestiones y consideraciones sobre la Administración de Justicia”, ou o título do seu libro “La nueva república española”. Dúas frases ilustrativas deste último: 
-'No debe existir ningún cargo político sin la correspondiente responsabilidad, de la clase que sea, en especial la responsabilidad política'
 -(Cita de García Trevijano) 'Antes de la acción propiamente política, la idea democrática debe conquistar la hegemonía cultural en el seno de la sociedad civil'
 

Ningún comentario: