AVV
O Tesón
Nota
de prensa 20140521
-
3ª
charla Ribadeo a Debate. Visións de Ribadeo.
Víctor
Moro Rodríguez
As dúas semanas pasadas, o Salón de actos da Casa do
Mar de Ribadeo recibiu ás charlas de Xosé Carlos Rodríguez Rañón,
co tema 'Ribadeo visto desde fóra por un de dentro', e de Chemi
Lombardero Rico, sobre 'Ribadeo; un porto, un hinterland, dúas
comunidades'. En ambas carlas se presentou e debatiu a visión
particular dos autores sobre aspectos de Ribadeo.
Este venres, ás oito da tarde, terá lugar a terceira
charla, a cargo de Víctor Moro Rodríguez, ribadense amplamente
coñecido dentro e fóra da súa patria chica, que ocupou postos como
o de subdirector xeral do Banco de España, director xeral de
Pescanova ou conselleiro de administración en Unión-Fenosa, no
campo da economía, e Director Xeral de Pesca Marítima, Deputado por
Pontevedra ou xefe da oposición no Concello de Vigo, no campo da
política. Asemade, ten recibido diversas distincións, como a Orde
do Mérito Constitucional, a Cruz do Mérito Naval ou a Creu de Sant
Jordi, a máis de ser Fillo predilecto de Ribadeo.
Coma sempre, a charla desenvolverase no Salón de actos
da Casa do Mar, comezando ás 20:00 horas. A entrada será libre e
gratuíta ata esgotar localidades.
Tras esta terceira charla só quedará a cuarta e última
do ciclo, a cargo de D. José Ramón Rodríguez-Sabugo Fernández
Adxúntase un cartel correspondente á charla desta
semana.
1 comentario:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2014/05/21/victor-moro-viernes-ciclo-ribadeo-debate/00031400686850922293856.htm
Publicar un comentario