Adxunto a nota do grupo de apoio a AGE/Ribadeo sobre a charla mantida a outra semana, que serve como resume para quen non tivera ido e estivera interesado ou interesada no tema:
"O
pasado venres, 9 de maio, tivo lugar unha charla sobre o tema
devandito na Casa do Mar de Ribadeo, organizada polo grupo de apoio a
AGE e pronunciada pola especialista en Saúde Pública Carmiña
Mosquera, da Consellería de Sanidade de Asturias.
A
exposición foi seguida con gran atención e interese polas cincuenta
e pico persoas asistentes e a continuación mantívose un animado
debate. En total cáseque dúas horas tratando fundamentalmente dos
programas de cribado con mamografía.
Aínda que
o debate sobre os pros e contras do cribado masivo con mamografía
está vixente dende hai mais de 15 anos en círculos iniciados
(profesionais, feministas,etc), hai moi pouca experiencia en
tratalo tema entre a poboación xeral. Daquela estabamos un tanto
preocupados pola acollida que podería ter no público.
Ademais
de sinalar que a mestría de Carmen Mosquera na exposición dun tema
complexo con gran cantidade de datos estadísticos foi prácticamente
insuperable debemos subliñar a madureza do público con intervencións
e suxestións do mais interesante.
Ao
remate da charla pasamos unha sinxela enquisa, que reproducimos
deseguido xunto cas respostas.
ENQUISA
Por
favor póñalle unha cruz ao que sexa correcto:
Sexo:
Muller
Home
Idade:
Menos de 30
De 30 a 50
Mais de 50
Sobre
a charla:
1.- Para min foi moi útil, aclaroume moitas cousas
2.-
Aclaroume algo pero non moito
3.-Unha perda de tempo, non me aclarou nada.
¿Desexa
facer algún comentario ou suxestión para mellorar estas charlas no
futuro?
RESULTADOS:
43 respostas
Sexo:
75.6 % mulleres; 13.5 % homes; 10.8 % en branco
Idade:
Menos de 30=0; 30-50=30.7%; Mais de 50=64.1%; En branco=5.1% Sobre
a Charla: Moi útil= 92.10%; Aclaroume algo= 5.26%; Nada= 0;En
branco= 0.
Comentarios:
Houbo 12 comentarios, case todos propoñendo mais
charlas deste tipo
Engadimos
algunhas entradas, para ampliar información.
*www.cochrane.dk
*www.screening.dk
(hai varios informes dende 2004 a 2012)
*Libro
“Sano y Salvo (y libre de intervenciones médicas innecesarias”)
(Los libros del Lince, Barcelona 2013;pax 255-268). Os autores son a
parella de médicos Juan Gérvas e Mercedes Pérez.
*www.medical-board.ch
(Consello Médico Suizo)
*www.nogracias.eu
Mais
unha vez agradecemos a tod@s @s participantes a súa colaboración e
suxestións e intentaremos seguir con estes temas."
Ningún comentario:
Publicar un comentario