Yes, we can! ou contestar á pregunta 'podemos?' cun 'Podemos!' é o que está de moda, o novo fenómeno que parece que pode asaltar calquera muro que se poña diante. O número de cadeiras da formación Podemos no Parlamento Europeo non é moi grande, pero foi unha irrupción dende cero dun partido que sería un 'antipartido tradicional', que resultou unha sorpresa e que está resultando aínda máis mediático porque se están botando enriba del os 'grandes' (partidos e poderes) como unha ameaza, o que o convirte en simpático a ollos do resto. Máis se podería dicir a escala estatal, pero en Ribadeo, hai Podemos?
Que eu saiba, non hai célula algunha, núcleo do que se esteña a partir xa, pero dada a estrutura que mantén polo momento, iso é cousa de dicilo e facelo nun santiamén. E non me cabe dúbida que no futuro algo haberá. Xa non teño tan claro que vaia a representar unha forza para, poñamos, as municipais, pero...
E é que usando a proxección do número de votos para as cadeiras do concello (si, xa sei que non teñen que ver unha eleccións con outras; de feito eu mesmo avisei de que non era extrapolable e non o fixen nos cálculos e gráficos de días pasados, pero a Voz si nun gráfico de maiorías absolutas en Galicia), o PP obtería maioría absoluta. É dicir, abertas todas as posibilidades ó futuro do concello?
Non sería mala cousa enfrontarse a unhas eleccións, calesqueira que foran, con esa apertura de miras de que todo é posible. Quizáis así cambiarían perspectivas dende xa, evitando a manga por ombreiro que beneficia a quen ten poder ou conexións con el e aplasta como un rodillo a quen non o ten, dificultando mesmo o dereito ó pataleo.
Veremos, pero xa quedou claro que podemos, polo tanto, pode ocorrer.
-
Por certo, e por curiosidade, aínda que crea que non ten valor preditivo, a táboa correspondente ás proxeccións das europeas para o concello de Ribadeo:
Ningún comentario:
Publicar un comentario