20140523

Propostas antes das eleccións

Hoxe é o último día de campaña antes das europeas, Para min é algo parecido a unha tontería o do día de reflexión: se non se reflectiu antes, nos anos anteriores, un día pode armar máis xaleo na cabeza. Pero enténdoo como algo de separación entre o que se di na campaña e a realidade. Non sei se todo o mundo o verá así, creo que non.
Sexa como sexa, gustaríame propor varias cousas. Para non metelas todas xuntas a presión, quédome cunha, e collo algo que me chegou onte mesmo para facelo: unha campaña de Greenpeace.
A foto é abondo expresiva: por orde de elección segundo está previsto que suceda pasado mañá, quédeste en casa, votes a algún partido ou fagas uso doutras opcións, lembra que como persoa nunha sociedade tes dereitos e obrigas, que tes que compaxinar e que deberías defender nun equilibrio adecuado. Estimo que o equilibrio entre obrigas e dereitos, hoxe, en España, non está asegurado para toa da poboación. E iso pode ser o xerme da 'reflexión' que a normativa electoral asigna a mañá.
A campaña de Greenpeace. E pouco máis... adianta a reflexión a tódolos días: non a adíes.

Ningún comentario: