20140527

Proxección política a Europa dende Ribadeo


Sabido é que Ribadeo non é unha república, e que polo tanto, a asignación de escanos ó voto ribadense non é máis que un xogo de proxección teórica. aínda así, e vistos os resultados electorais, xogar un pouco cos números para ver que resultaría se Ribadeo fora unha república independente pode dar lugar a unha mellor comprensión da realidade do pobo. Aí van pois dúas gráficas máis e as táboas correspondentes, con esas proxeccións de escanos, repartindo cos votos ribadenses os escanos que corresponden a España, 54.
A primeira corresponde ó reparto do número de escanos que lle corresponde a España a partir do que fixo cada votante Ribadense, co método d'Hondt. O reparto de escanos inclúe polo tanto á abstención, e chega a repartir escanos ata Podemos.  A abstención, en azul, case copa 2/3 dos postos, e por pouco non consegue outro escano máis, que lle arrebataría ó PP. A segunda forza, o PP, obtería xusto a metade dos escanos restantes.
A segunda é máis 'clásica': só contan os partidos. Nese caso, os cinco partidos anteriores (Podemos pasaría a ter catro escanos) incrementaríanse con dous máis, UPyD e Cidadáns, dando un cadro radicalmente diferente, no que PP (neste caso en azul, con máis de 2/5 dos escanos) e PSOE conxuntamente acadarían unha cadeira máis que no caso anterior a abstención, quedando o resto dos partidos con 1/3 do reparto. De calquera xeito, o PP non obtería de lonxe maioría absoluta.
E ata aquí, os números das europeas. A comparar cos número de anteriores eleccións, tanto europeas, como locales (coas que se observa un maior contraste pola hexemonía do BNG/alcalde) galegas ou estatais (con  datos máis parellos ós aquí expostos, pero de calquera xeito, aínda con mentalidade pre-crise).
Ligazón á páxina oficial das eleccións europeas 2014.

Ningún comentario: