Pasa a publicar unha nota de prensa de AGE Ribadeo sobre os datos do caso Pokemon en Ribadeo:
O pasado xoves 29 de maio o
suplemento A Mariña do Progreso publicou unha información sobre a
que cómpre desfacer todas as dúbidas. Dise nela que técnicos
implicados na adxudicación a Aquagest dunhas obras de urbanización
foron invitados pola empresa meses despois a ver un partido da
Champions League en Barcelona -entrada en zona VIP, viaxe e hotel
pagos-. A información inclúe a transcrición de mensaxes internos
de Aquagest tan significativos coma “El
alcalde no irá al partido del Barcelona y en
su lugar
asistirán
dos técnicos municipales” ou
“nos interesa que
puedan asistir, ya que se
están portando muy bien con la empresa”.
A resposta do alcalde de Ribadeo
ante esta información non a que esperabamos desde a esquerda
transformadora. Máis ben a que adoitan ofrecer os representantes
doutras formacións da vella política, referindo que se enterou pola
prensa, que polo de agora non hai ningún técnico imputado, que o
concello non ten medios para investigalo e que vai esperar que remate
o procedemento xudicial (que pode demorarse varios anos) para tomar
medidas. Cómpre lembrar que o alcalde o xefe de persoal do concello,
responsable polo tanto de que os traballadores cumpran as súas
obrigas, e que aceptar agasallos en razón do cargo que se ostenta é
ilegal.
A maiores, dado que a empresa
Aquagest factura aos ribadenses preto de 1,5 millóns de euros ao ano
por un servizo que é obxecto de queixas frecuentes pola mala
calidade da auga e polos elevados mínimos de consumo das nosas
facturas, un caso coma este pode achegar dúbidas sobre se o Concello
esta defender axeitadamente os intereses da veciñanza fronte aos da
concesionaria.
Desde Alternativa Galega de
Esquerda en Ribadeo pedimos unha resposta nidia do grupo de Goberno,
e principalmente do alcalde na súa calidade de xefe de persoal. Urxe
aplicar a transparencia e deixar claro que as forzas da corporación
municipal -polo de agora ao parecer calan todas-, non pechan os ollos
ante estes asuntos. Nos consideramos preciso que:
- Se esixa aos responsables de
Aquagest toda a información sobre agasallos e convites outorgados
aos técnicos municipais e darlla a coñecer aos veciños.
- Se abra un expediente para
aclarar por completo o asunto e sancionar as condutas inapropiadas se
as houbese.
- Se auditen os custos de xestión
do servizo e o prezo da auga acordado con Aquagest, incluído unha
comparación cos doutros concellos da bisbarra e, se os houbera, con
xestión directa do servizo.
- E máis abrir o debate das
opcións cara a mellora da calidade da nosa traída e analizar
esquemas de facturación máis xustos e que fomenten o aforro e a
sostibilidade do sistema.
Ningún comentario:
Publicar un comentario