Ben, na realidade nin transcorre en internet, polo que non é exactamente un '
efecto Streisand'. Pero o caso de
Miro Casabella é algo semellante: o seu concello natal rexeita facerlle un recoñecemento e, de carambola, xorden na comarca actos de desagravio que entendo superan de longo o recoñecemento proposto de xeito inicial.
Foi
en Ribadeo en data tan emblemática como o 25 de abril, logo
en Viveiro, ... será tamén
no Valadouro, onde o
pleno rexeitou facerllo, desencadeando con elo o efecto, e
é de esperar que noutros lugares tamén haberá.
'Olla meu irmán', de Miro Casabella, en Youtube:
Máis
audios e
vídeos de Miro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario