Unha das novas de hoxe é sobre a confraría ribadense. O xornalista pinta un futuro que non está claro. a confraría é a máis pequena da Mariña, aínda despois de xuntarse Rinlo e Ribadeo. Ten "unha mariscadora de a pé, once percebeiras, sete tripulantes de barcos e seis donos de lanchas artesanais". Vintecinco asociados con dez representantes que votaron a dúas cnadidaturas diferentes, tendo que resolver o empate polo regulamento, segundo a idade. Naturalmente, as entradas que manexa tamén son pequenas e minguantes: 2001- 88 tm subastados-
407 000 €; 2013- 11 tm- 108 000 €, segundo os datos do xornal. Se nos imos a datos históricos de hai corenta anos, veremos que non deixou de baixar.
A pesca está de capa caída en toda Galicia, pero en Ribadeo, máis. O futuro non pasa por aí, polo que parece, e non se lle axuda tampouco a pasar. Ribadeo non ten o problema de porto que ten Foz, pero o porto pesqueiro foi desprazado polo deportivo e las lanchas de Ribadeo son historia, sen renovación. O tratamento da pesca hai moito tempo que deixou paso á sinxela subasta, e agora, dende hai uns anos, só se subasta marisco en Ribadeo. Visos de futuro non se ven. Aquí non é un 'túnel', e un afondemento. Coido que a imaxe serve para reflectir a diferenza: do túnel pódese saír seguindo a luz do final. Do afondemento só se pode saír abandoando o barco...
E, no futuro, que relación terán Ribadeo e o mar dende os tempos mitificados do comercio co Báltico e lanchas que regresaban cheas de pesca, despois de pasar pola actual inanidade pesqueira e negros nubarróns sobre o porto comercial? Só a traverso dun porto deportivo, colonia de Lugo e alén?
Ningún comentario:
Publicar un comentario