20140831

Pensamentos lixeiros de agosto: medrando con cultura

Este verán Ribadeo rebosou actos. Imposible seguilos todos. De cultura ou deportes, para un ou outro gusto. O día de San Ramón (felicidades!), o 31 de agosto, Ribadeo xa nota algo o baleiro deixado pola xente que se foi, aínda a pesares de que comezaron unhas festas que alongan o seu nome por máis de dez días (que a festa non pare!, dirían).
Nesa calma que se vai facendo un lugar no pobo, descubrín un lugar ó que non accedera e non sei dende cando existe. É acolledor, atractivo, para desfrute dos pequenos introducíndose na lectura. Visitable tamén polos maiores, e sen rematar (as estanterías con libros 'de maiores' por tras dalgunha ilustración así o testemuñan): a sección de primeiros lectores da Biblioteca Púbica Municipal 'Viejo Pancho'



Ningún comentario: