20140827

Pensamentos lixeiros para agosto: un faro, un hotel

Destas que pasas polo concello con algo de tempo e miras. A de cousas que hai de información entre papeis soltos, desordenados, solapados, misturados, caducados... e descoñecidos pola cidadanía en xeral.
Onte atopeime un, xa caducado tempo hai, que me chamou a atención. Trátase da petición dunha empresa, 'Eiroba A Mariña, S.L.', ante Portos (Autoridade Ferrol/S.Cibrao) para que lle concedan o faro da Illa Pancha para o seu uso como hotel. O resultado non o sei, o escrito é este:
Por certo, que non se entende ben o que pon enriba (cousas da escritura e do reflexo do vidro por diante), pero aparece a data 2/5/14, anterior á propia data de redacción do aviso. No BOE aparece a fin de mes.
---
Aínda posterior (20150529): Faro, números, posibilidades... hotel?
Dous modelos
---
Actualización 20150526: As cousas da conversión do faro da illa Pancha en hotel, con polémica, hoxe.
Unha entrevista sobre o tema na sexta, en 'Mas vale tarde' (20150526)
---
Actualización: atopo hoxe, 20150426, na rede unha nova de El País de onte con este caso: "La reconversión hotelera de los faros", onde aparece "Ribadeo será el primer municipio español con un faro-hotel". Nela cítase a José Luis López Braña como promotor, un hotel con dúas suites de 40 m2 con 4 prazas cada unha, máis unha cafetería aberta ó público, coa pretensión de cobrar 150 €/noite, a cambio dun canon de 15 600 €/ano. Tamén aparece 1857 como data de construción da casa do faro vello, a que sería cedida para hotel (o faro novo seguiría tal cual, funcionando) ou que sería un turismo 'de élite', o que admite o mesmo alcalde ribadense.
A illa Pancha, no 2005, nunha foto que tamén subín á Galipedia.

---Algo máis, posterior, collido da rede:
Un estudo/proxecto para a illa:
http://ruc.udc.es/handle/2183/13776
No BOE:
http://www.boe.es/.../2014/05/30/pdfs/BOE-B-2014-19304.pdf
Petición en internet contra o hotel na illa (cando recollo isto, ían 455 asinantes, despois de pedir inicialmente tan só 200; no momento, animábase a polos 500):
https://secure.avaaz.org/es/petition/Consejo_de_Ministros_Impedir_el_uso_del_faro_de_Ribadeo_como_hotel/?pv=5&rc=tagging

1 comentario:

Anónimo dixo...

Ajá!!! E si o final se fai iso ¿os señores clientes entraran a illa por vía marítima ou aérea? Digoo porque supoño que non serán os cartos os que abran a 'prisión da liberdade'.
Ou sí?