Mañá comeza. Homenaxe a Dionisio Gamallo. Si, o que ten adicado un busto no parque. Esta fin de semana e no comezo do curso no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. Deixo o díptico e tamén a contribución que sairá na Comarca mañá, no número adicado á homenaxe.
Barón de Porcillán
Cando hai algún tempo Manuel
Valín pediume a participación nesta homenaxe colectiva, por unha
parte sentínme distinguido e por outra enxaulado, e tendo ambas as
partes relacionadas, non me quedou outra que asentir.
Non son, nin moito menos,
especialista en Dionisio Gamallo, polo que para afrontar a situación,
en primeiro lugar, lembrei os meus propios coñecementos sobre el,
que xa baía escasos, e lembrei asemade que non se pode dicir que
sexa ‘dionisíaco’. Nin nos sentidos do dicionario nin tampouco
como seguidor ou forofo de Dionisio; miro a súa figura con certa
distancia: unha persoa, e máis se é de ampla traxectoria coma el,
sempre ten puntos que non son tan claros. É o que fai
extraordinarias ás persoas: que chegando a acadar metas sigan a ser
humanas. Neste sentido cheguei a algunha cousa que del escribe Daniel
Cortezón:
p.304,
l.14: ‘(...)
por esas fechas, no obstante, ya está decidido a abandonar su
aventura de lo que denominaba “quijotismo agrícola-ganadero” en
el Instituto Laboral Rodríguez de Valcárcel, de Ribadeo (..)’
[referíndose
ó escrito nunha Comarca de 13/12/1959 por Dionisio Gamallo]
p.366,
1º punto e aparte: ‘En
octubre de 1955 solicita el puesto de Director del Instituto Laboral
de Ribadeo, y en su curriculum argumenta que: “A lo largo de muchos
años he teorizado amor a mi pueblo. Como teorizar es cómodo, y tal
vez frívolo, secretamente deseaba que la vida me proporcionase
ocasión de poder demostrar que mis sentimientos no eran literatura.
Esa ocasión de poner en práctica la buena ley de mis afirmaciones,
surgió recientemente, a crearse en esa Villa un Instituto
Laboral...”. Insiste afirmando que “aún teniendo que sacrificar
personalmente conveniencias de varia índole (sociales,
intelectuales, económicas), no dudé un momento en realizar lo que
creía un deber, deber gozoso y compensador: pedí ir a Ribadeo,
pleno de entusiasmo, con mi probada vocación hacia la rectitud y la
justicia para darme un gran gustazo íntimo... de poder ser útil a
los míos, a mi mucha familia ribadense y por lo tanto a mí mismo
con con orgullo pertenezco a ella...”’
A recalar nos dous parágrafos
anteriores e nalgunha cousa máis cheguei retomando o libro de
Cortezón para documentarme de cara á elección de nome para o
actual IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, elección para a que eu tiña
presentada unha alternativa: IES ría de Ribadeo. Foi daquela cando
me prantexei algo que dalgún xeito coido debo deixar dito aquí: Non
sería mellor pensar en publicar a súa obra dun xeito sistemático e
logo facerlle o recoñecemento debido?
No disco duro do ordenador gardo
tamén unha serie de entradas en Facebook de arredor do 11 de
novembro pasado, en plena discusión sobre o nome a asignarlle ó
IES, que entre coña, querencia, feitos e visións, contribuíron a
decatarme da ascendencia que ten Dionisio en Ribadeo.
Ben, sempre, dende que souben da
súa existencia, tiven curiosidade por Dionisio Gamallo Fierros, o
que me levou a tentar saber algo máis (só algo máis) sobre el,
quizáis as primeiras veces da man de Amadeo Arango. A publicación
do libro de Daniel Cortezón sobre Dionisio Gamallo en 2005 marcou
nese coñecemento un tanto de independencia e ata de suficiencia
despois de ter lido boa parte dos artigos que pillara polo pasamento
de Dionisio. Suficiencia que logo se tornou espellismo, como paso a
ver a continuación.
Así
as cousas, o 20 de setembro de 2009 fun quen de atreverme a crear a
entrada ‘Dionisio Gamallo Fierros’ na Galipedia
(https://gl.wikipedia.org/wiki/Dionisio_Gamallo_Fierros)
e máis tarde, o 16 de abril de 2010, a entrada equivalente na
wikipedia en español. Ambas deberan ser melloradas e aproveito para
apelar a quen ten máis coñecementos ca min sobre o tema para
solicitarlles a súa colaboración. O caso é que, no medio de ambas,
a miña ignorancia manifesta xogoume unha mala pasada, coa confusión
do varón de Porcillán cun suposto Barón de Porcillán que tiven
que corrixir en canto comprobei o meu erro. Por sorte, foi cousa de
pouco tempo o decatarme e facer a variación.
Pensando en Dionisio e o meu
erro, verse agrazado cun título nobiliario pode non ser moito cando
o que se espera é outra cousa. No seu caso, Varón de Porcillán,
segundo as súas propias verbas que encabezan o libro de Daniel
Cortezón, non creo que cambiara o título. Ó fin, recollo a cita de
Carlos Álvarez-Lebredo no pregón das festas do 96, referido a
Amando Suárez Couto e citando a Dionisio: ‘E é que, como escribiu
Dionisio Gamallo en vida do noso pintor: ” A Amando le va bien su
nombre. Ha pasado y pasa la vida amando”.’ Pasou a vida Dionisio
como varón ou como barón?
Cando comezo a tomar notas para
escribir isto, navegando na rede, atópome na entrada de Gamallo na Galipedia:
-
Dionisio
Gamallo Fierros,
nado en
Ribadeo
o
25
de agosto
de
1914
e
falecido en
Madrid
o
16
de xaneiro
de
2000,
foi un escritor
polígrafo
galego.
1 Traxectoria
1.1 Formación e primeiras publicacións
Estudou
primeiro en Ribadeo e logo en Lugo, para pasar despois a estudar
Dereito na
Universidade
de Santiago de Compostela,
licenciándose en 1936. Posteriormente rematou Filosofía e Letras en
1941
na
Universidade
de Valladolid.
Colaborou
despois en Ya,
Arriba,
Informaciones,
El
Español
e
La
Estafeta Literaria,
entre outras publicacións.
A
partir de
1945
foi
profesor axudante de Xeografía e Historia na Universidade de
Santiago de Compostela, profesor de Literatura Española nos
Institutos Ramiro de Maeztu e Lope de Vega en Madrid, profesor e
director do Instituto Laboral en Ribadeo e profesor na Escola Oficial
de Xornalismo de Madrid.
1.2 Mundo académico
Entre
1953 e 1955 traballou como asesor do Servicio de Información
Bibliográfica da Biblioteca Nacional. Foi nomeado académico da
Real
Academia Galega.
Ademais, foi vocal da directiva do Centro Galego de Madrid e
secretario da Comisión de Cultura. Foi membro do Instituto de
Estudios Asturianos e membro da
Real
Academia Española.
2 Obra
A
bibliografía de Dionisio Gamallo é moi variada. Destaca Albor
(1942),
caderno de poesía con 14 poemas (do seu libro inédito La
voz derrotada).
No
1943,
dúas monografías aínda inéditas: Una
estirpe de escritores colombianos: los Caro
e
La
aportación de Lugo y su provincia a la literatura
galaico-castellana.
No
1948,
publicou o folleto "Bécquer y Sevilla y páginas abandonadas"
(prólogo de
Dámaso
Alonso).
Tamén publicou ensaios e artigos, como Vida
y obra de Ramiro de Maeztu
(1953),
Menéndez
Pidal en el año 1898
(1968),
¿Luz
sobre la Negra Sombra?
(1975),
Primera
etapa de la vida y obra de Pérez de Ayala (de los comienzos hasta
1905)
(1981),
ou La
Regenta, a través de cartas inéditas de la Pardo Bazán a "Clarín"
(1984).
3 Recoñecementos e galardóns
- Premio Anual de Literatura Pérez Lugín da Asociación de Prensa da Coruña (1943) por Galicia a través de sus poetas.
- Primeiro premio de poesía castelá nos Xogos Florais de Santiago de Compostela (1945) polo poema "Piedra viva".
- Premio do Certame do Centro Galego da Habana (1951) por Seda en el cardo (vida y obras de Curros Enríquez).
- Primeiro premio no Certame José Martí patrocinado pola Embaixada de Cuba e o Instituto de Cultura Hispánica de Madrid (1953).
Ademais,
foi distinguido coa condecoración da Orde de Rubén Darío en
Nicaragua (1967),
nomeado "Lucense do ano" en
1987
e
medalla
Castelao
en
1998.
Dende
pouco despois da súa morte e ata a súa fusión co outro IES de
Ribadeo, o
Instituto
que
dirixiu levou o seu nome. Con posterioridade á fusión, o novo
centro pasou a chamarse
IES
de Ribadeo Dionisio Gamallo
4 Véxase tamén
4.1 Bibliografía
- Cortezón, D.: Dionisio Gamallo Fierros. Varón de Porcillán. Xunta de Galicia, 2005. Santiago de Compostela. ISBN 84-453-4065-4
-
Asemade,
podíase ler na Galipedia, no artigo correspondente a ‘La Comarca
del Eo’: ‘Entre outras cousas, no semanario publicouse o primeiro
eloxio público a
Castelao
en
Galicia
tras
o estoupido da
Guerra
Civil española,
nun artigo de
Dionisio
Gamallo Fierros’.
E ben, Dionisio Gamallo está na
Galipedia, na wikipedia en español e na wikipedia en vasco, e tamén
no nome do IES de Ribadeo, ou nun monolito no parque. E ti, que tes
de Dionisio?
Ningún comentario:
Publicar un comentario