20140817

Pensamentos lixeiros para agosto: (novo) plan xacobeo

Hoxe aproveitei a oportunidade de botarme un 'La Nueva España' ó garete. Coido que pode dar moito xogo no futuro o que fun albiscando entre as súas páxinas. De pronto, atópome non menos de catro artigos sobre o xacobeo, a máis de otear que un deles é o décimo terceiro dunha serie sobre o camiño de Santiago en Asturias e outro, unha entrevista ó señor Portomeñe, da Xunta de Galicia. Só este tema xa me deu abondo que pensar, con Portomeñe reclamando un novo plan xacobeo despois de aparecer no editorial como ideólogo (comida por medio, claro) do que poderíamos chamar logo 'primeiro plan xacobeo' no 93.
Navegando entre os artigos, descóbrense cousas como que o novo ouro de Xacobe está desaproveitado ó que parece, que a igrexa aproveita pero sen enganar a ninguén sobre o sentido e sensibilidade da vía a Santiago, ou que en Asturias hai quen fala de 'asturianizar' o camiño, que xa se sabe dende hai tempo que é unha especie de rama moi desenvolta de algo de esencia asturiana dende o seu nacemento: non en vano está o dito de 'Quen vai a Santiago e non visita O Salvador, cumpre co vasallo e deixa o señor'.
Ben, polo que parece hai que sacarlle máis zume ós camiñantes, sen lembrar quizáis que a avaricia racha o saco. Ou quizáiscollero propio do terruño na parte de todos para que o camiño deixe de ser a Santiago para ser... que?
En fin, cousas miñas de agosto.

Ningún comentario: