Xa pasou. A representación máis destacada das representadas este verán en Ribadeo foi, para min, o 'caso visita "reaal"'. Unha sorte para o alcalde que a cousa tivera dúas verquentes. Unha, a relacionada coa casa real, o uso e abuso do seu nome e cousas relacionadas. A outra, a ribadense. Coido que non somos minoría os ribadenses que non entendemos a visita realizada polo alcalde ó restaurante onde 'presuntamente podería' estar alguén da casa real.
Os razonamentos son variados. No meu caso, entendo que se o rei (ou quen fose) viñera e quixera visita, avisaría. E se non a quixera, é unha impertinencia o facela.
Iso, en canto á cousa en abstracto. A elo hai que sumarlle que se percibe que as ideas do alcalde non van coa monarquía. E, polo tanto, ir alí é percibido como un rebaixe persoal de alguén que, polo seu cargo, é un estandarte do pobo.
En fin, supoño que haberá moitas outras sensibilidades en sentido contrario...
Ningún comentario:
Publicar un comentario