No tórrido verán ribadense albíscase como un espellismo unha maioría absoluta do 40% do 60?%. Non, '?' non é unha errata, senón a manifestación dunha inseguridade moi diferente da seguridade de Rajoy, ó expresar a porcentaxe posible de votos válidos a partidos emitidos nunhas supostas eleccións. Como 0,4*0,6 = 0,24, isto é , 24%, pode pasar a ser maioría absoluta de representantes en calquera concello de España nas próximas eleccións. É dicir, algo así como unha 'minoría impositiva', imposta como maioría nunha suposta democracia de xoguete veraniego. Si, debe ser efecto do tórrido Ribadeo ecuatorial (non se di que as repúblicas bananeras están preto do Ecuador?) que menos dunha cuarta parte poda ser maioría absoluta. Mentra, podemos desfrutar de campo e praia, que estamos no verán. Podemos... facer moitas outras cousas, mesmo tentar evitar un golpe ó estado, a un estado xa abondo baqueteado por PPtirios e PSOEtroianos, entre outros metidos no allo. No 'alleo'? Tamén podería servir.
Nunha calma mañá ribadense de agosto, cun sol esvaído máis aló da calor (ou máis acó, que non se distingue entre tanta difuminación) non me entra na cabeza. Quizáis cando chegue o outono...
Ningún comentario:
Publicar un comentario