20140808

Un mapa libre para Ribadeo

Hoxe OpenStreetMap fai 10 anos. Trátase dunha aplicación aberta, que ti podes editar e configurar, e axudar a facer, e usar... Podes ver a súa evolución aquí, ou ter unha visión xeral aquí.
Si, xa sei, posiblemente non escoitaches falar dela, e uses Google Maps, obviando outros posibles como o http://sigpac.mapa.es/fega/visor/. Eu mesmo teño que dicir que aínda que coñezo dende hai tempo OpenStreetMap usóo aínda menos que a versión non libre que é Google Maps ou que o oficial sigpac.
Mais, hoxe mesmo, para celebrar os dez anos, engadín algún cambio nos datos de Ribadeo, o que fago de tempo en tempo, aínda que non controlo moito nin como editar nin como usalo. E vexo que vai medrando e sendo cada vez máis usable. Nalgúns casos, moito mellor que Google Maps. Noutros, moito peor. En calquera caso, medrando e mellorando.
E, lembras cando non se sabía nin o que era a wikipedia e se usaba a enciclopedia Microsoft Encarta, que era a que se coñecía? Onde vai hoxe a Encarta?
Anímase a participar, editando e usando esta ferramenta libre e colaborativa?
... por certo, a residencia de anciáns nova aínda non aparece.
Ribadeo en OSM: http://www.openstreetmap.org/map=15/43.5378/-7.0435

5 comentarios:

Anónimo dixo...

Se soubese como, eu poñería no mapa "Galos" e "Lazúrtegui" (con maiúscula)e completaría o nome do instituto.
Saúdos

agremon dixo...

Ben, agora non, pero a ver se mañá o poño eu en substitución túa.

agremon dixo...

Non me puiden conter e o nome do IES xa está actualizado (alomenos na capa visible de primeiras; pode que nalgún dos recunchos sexa necesario modificalo aparte)

agremon dixo...

Ven, ó final van os tres cambios agora, eran rápidos.

agremon dixo...

Un comentario máis: hoxe medrou a precisión de OSM en Ribadeo, aprécioo!